Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026

Novas de interese

Resolución de adxudicación e lista de agarda

Seguindo co procedemento establecido na convocatoria, publícase o 20/05/2026 a:

Resolución de adxudicación das bolsas e lista de agarda

Establécese un prazo para a aceptación da bolsa dende as 00:00 horas do 22/05/2026 ata as 23:59 horas do 28/05/2026.

Para formalizar a aceptación, debe rexistrala, obrigatoriamente, nas dúas plataformas que se indican na convocatoria e na resolución de adxudicación.

Dentro do mesmo prazo tamén terá que solicitar a alta da súa conta bancaria na Sede Electronica da UDC, segundo o establecido na resolución de adudicación, para a realización do pago. 

Pode acceder a todos os sitios indicados premendo nas caixas seguintes (dispoñibles a partir das 00:00 horas do 22/05/2026).

Resolucións anteriores

Publicadas as listaxes provisionais de persoas con bolsa concedida, denegada coa mención da negación e a listaxe de agarda

Publicada o día 8 de maio no TEO (Taboleiro Electrónico Oficial) da UDC a Listaxe provisional de adxudicación da 1º Edición do programa"Bolsas Santander axuda económica para prácticas 2026

Tes un prazo de 4 días hábiles ou laborias dende o 11 de maio (ás 00.00 horas) o 14 de maio (23.59 horas) para presentar alegacións, de ser o caso no serguinte ligazón: 

Formulario Alegacións "Bolsas Santander axuda económica prácticas 2026"

 

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluidas cos motivos de exclusión

Todas as persoas inscritas no Programa Santander de Axuda Económica para Prácticas 2026 (1ª edición) poden consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas cos motivos de exclusión na seguinte ligazón: 

https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2026/004879

Período de subsanación de erros:

As persoas provisionalmente excluídas dispoñen dun prazo de catro días hábiles desde o día 27/04/2026 até o día 30/04/2026 para subsanar erros (no caso de que se trate de erros subsanables) no seguinte formulario: 

https://forms.cloud.microsoft/e/Y59m7Yyaxz?origin=lprLink

 

EN QUE CONSISTE ESTE PROGRAMA?

Segundo o convenio asinado pola Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, convócase a 1ª Edición do Programa de Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026.

Estas bolsas enténdense en concepto de axuda complementaria que recibirá cada estudante beneficiario/a para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización, xa sexan curriculares ou extracurriculares, que comecen e rematen durante o ano 2026. 

Nesta 1ª edición convócanse 120 bolsas. Cada bolsa terá unha contía de 500 €.

Se son do teu interese, debes consultar a convocatoria publicada no Taboleiro Oficial da Sede Electrónica da UDC (TEO):

O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o seguinte día hábil ao da data de publicación da convocatoria da UDC no TEO ata o 16/04/2026 (ás 23:59 h).

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Lembra que:

Se ten calquera dúbida pode consultala no enderezo de correo: emprego.vee@udc.es