EMPRÉGA-T: OBRADOIROS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO E EXPERIENCIAS COAS EMPRESAS

LogoEmprega_T_ImaxeComunicacion

           Logo_Emprego_AltaResolución      Vee_logo_COLOR_2024   

 

 

Curso académico 2024-2025

Programa de formación para o emprego

 

caratula_QueE_imagen 

 

caratula_Cronograma_imagen

 

Carátula_EmpregaT_Centros

Obradoiros realizados

  1. Aprende a elaborar un currículum (CV) eficaz (xa realizado)

  2. Emprender e persoas emprendedoras (xa realizado)

  3. Probas de selección de persoal: A Entrevista (xa realizado)

  4. Ideas de empresa e proxecto empresarial (xa realizado)

  5. Onde buscar emprego ou prácticas? (xa realizado)

Obradoiros pendentes de realización

Inscríbete aquí

  • Podes realizar todos os obradoiros pendentes ou só aqueles que máis che interesen.
  • Para saber + dos obradoiros pendentes, preme en cada ligazón e revisa as datas de realización de cada un para poderte inscribir a tempo:

6. Ecosistema da persoa emprendedora

 

Información complementaria
  • Dereito a 1 Crédito ECTS

Terás dereito a solicitar 1 crédito ECTS se acreditas coa túa sinatura de entrada e saída a túa asistencia aos 6 obradoiros do programa EMPRÉGA-T (cuxo sumatorio é de 9 h*) + un traballo relacionado coa temática dos obradoiros (que implique aprox. 1h de traballo persoal); por exemplo, podes elixir entre as seguintes opcións:

  • Envío do CV á Unidade de Emprego UDC (<emprego.vee@udc.es>) para a súa revisión por parte da persoa formadora. 
  • Elaboración e envío ao correo anterior dunha descrición do propio Perfil Profesional para distintos contextos: na canle de  Linkedin, en actividades de networking ou encontros con empresas en feiras, foros etc (estes contidos están desenvolvidos no obradoiro nº 1 adicado á elaboración do currículum).
  • Creación da canle de Linkedin (se non se ten xa creada) coa información básica ou imprescindible; ou ben, a mellora da canle xa creada. 
  • Proposta dun traballo persoal sinxelo sobre calquera aspecto tratado nos obradoiros. 

*Para o crédito, en canto ás horas de formación é necesario acreditar, como mínimo, a asistencia ao 80%. 

 

  • Agasallos para as persoas participantes
  • Levarás 1 bolsa UDC en cada obradoiro no que participes

BOLSA UDC

  • Terás dereito a participar nun sorteo de 1 suadoiro UDC en cada obradoiro no que participes

CAMISETA

 

Síguenos

Linkedin_redondo_negro logo instagram_negro logo bluesky negro

 

 

Preguntas frecuentes (FAQ)

 

  • Teñen os obradoiros de EMPRÉGA-T recoñecemento de 1 crédito ECTS?
  • Se acreditas a túa participación en 10 h nos obradoiros terás dereito a solicitar á Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade 1 crédito ECTS enviando a túa solicitude ao correo da Unidade de Emprego UDC (<emprego.vee@udc.es).

  •  
  • Como podo acreditar 10 h de formación en EMPRÉGA-T para ter dereito ao crédito ECTS?

Tes que acreditar coa túa firma de entrada e saída a  cada obradoiro, que participaches en todos eles, o que sumaría 9 horas; a hora que falta poderías acreditala enviando ao formador ou formadora correspondente un traballo opcional proposto que implique para ti 1 hora de traballo; Por exemplo:

- Entrega do teu CV para a súa revisión.

- Descrición do teu perfil profesional para distintos contextos (por exemplo: para Linkedin, para un encontro con empresas etc).

- Crear a túa canle de Linkedin coa información básica se non a tes creada, ou ben, mellorala se xa a tes. 

- Podes suxerir tí mesmo/a un tema que supoña 1 hora de traballo e relacionado cos obradoiros. 

 

  • Podo solicitar un certificado de asistencia independentemente do dereito ao crédito ECTS?

Sí, podes solicitar un certificado de asistencia aos obradoiros xa sexa a túa participación nun ou varios; sumaranse as horas de asistencia e posible traballo opcional unha vez que se comprobe a túa participación.  

 

  • Cal é o prazo de inscrición nos obradoiros de EMPRÉGA-T?

O formulario de inscrición permanecerá aberto até o día anterior á data de realización do último obradoiro

 

  • Onde me inscribo?

Aquí

 

  • Onde se realizarán os obradoiros?

- A Coruña: Casa do Estudantado, Campus de Elviña

- Ferrol

Obradoiros 1, 3 e 5: Edificio de Apoio ao Estudo, Esteiro, Campus de Ferrol

Obradoiros 2, 4 e 6: Edificio de Batallóns, planta baixa, Esteiro, Campus de Ferrol

 

  • Sobre que tratan os obradoiros de EMPRÉGA-T?

De temas cunha orientación práctica sobre o que che fai falta para buscar emprego con efectividade. Tes toda a info arriba se pinchas en cada un dos 6 cursos de que consta o programa.

 

  • Pódome inscibir se xa estou egresado/a na UDC en calquera estudo?

Sí, de feito, este programa diríxese tanto ao alumnado de todos os cursos -especialmente dos últimos- de calquera estudo de grao, mestrado oficial, título propio, doutoramento e de programas de mobilidade. Tamén é de moito interese e especialmente recomendable para as persoas egresadas en calquera estudo da UDC.

 

  • Como podo levar o agasallo de 1 bolsa UDC e participar no sorteo dun souadoiro UDC?

Ao remate da sesión de cada obradoiro, as persoas participantes levarán a súa bolsa e realizarase entre elas un sorteo do suadoiro. Isto será así para cada un dos obradoiros.  

 

  • Que é EMPRÉGA-T nas facultades e escolas da UDC?

A meirande dos obradoiros se imparten na Casa do Estudantado (A Coruña) e para Ferrol, no Edificio de Apoio ao Estudo, porén se algún centro solicita realizar algún dos obradoiros ou todos eles nas súas propias instalacións, poderanse realizar nos espazos reservados polos propios centros de estudo. 

 

 

 

 

 

 

HISTÓRICO DE PROGRAMAS FORMATIVOS REALIZADOS EN AÑOS ANTERIORES SOBRE EMPLEO (PMEC-PROGRAMA DE MEJORA DE LA EMPLEABILIDAD EN LOS CENTROS)
SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2023/2024

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2022/2023

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2021/2022

SEMINARIOS ONLINE REALIZADOS DO 2019/2022

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2020/2021

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2019/2020.

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2018/2019

SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2017/2018

 

 

 

 

 

Logo_CARTEL_CANVA
 

LogoForoAvanza23

FORO AVANZA 2024

Días 15, 16 e 17 de outubro de 2024

*1 CRÉDITO ECTS

PARTICIPAR_SORTEOS_GAL

 

Programa do Foro Avanza e da Feira de Emprego

 

IMG_20231026_184244

ASÍ FOI A FEIRA DE EMPREGO DO FORO AVANZA O ANO PASADO (CLICK EN IMAXE)

 

QUE ATOPARÁS NO FORO AVANZA NESTA NOVA EDICIÓN?

 

1. XORNADAS DE EMPREGO 

PROGRAMA DOS OBRADOIROS E RELATORIOS

Días 15 e 16 de outubro de 10:00 a 14:00. Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña

 

Que respostas podes atopar neste evento?
  • Estratexias para a inserción laboral. Aprenderás por onde podes comezar
  • Coñecerás as oportunidades de emprego e prácticas na Unión Europea dende a Rede EURES.
  • Saberás cales son os programas de emprendemento dirixidos á mocidade e cos que a UDC participa activamente
  • Identificarás as fórmulas para acceder á función pública nas súas distintas modalidades
  • Coñecerás os mecanismos para acceder ao emprego privado e ao emprendemento de persoas graduadas na UDC en diferentes estudos e experiencias de inserción laboral de persoas graduadas  contadas en 1ª persoa que te poden inspirar

 

2. FEIRA DE EMPREGO 

PROGRAMA DA FEIRA DE EMPREGO: STANDS EMPRESAS PARTICIPANTES, PRESENTACIÓNS, PROBAS DE SELECCIÓN, OFERTAS E SORTEOS

COÑÉCEAS E QUE TE COÑEZAN!

Día 17 de outubro, de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:00. Pavillón de Deportes da UDC. Campus de Elviña

 

FICHAS DAS EMPRESAS CON INFORMACIÓN RELEVANTE

ADECCO  I AECO-ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE A CORUÑAALUMAN I ALUMNIANTEA GROUP  I  APPLUS+ ASCEGA - ASOCIACION DE EMPRENDEDORES DE GALICIA-ASCEGA AXIÑA SL I CARREFOUR  I COGAMI I  CONCELLO DA CORUÑA CT INGENIEROS DELOITTE  I DRAGADOS,VÍAS Y CONSTRUCCIONES, TECSA Y DRACE GEOCISA EL CORTE INGLÉS  I ELECNORFINSA I GARRIGUES GRUPO EULEN  I  GRUPO GABADI  I GRUPO HOTUSA I GRUPO INTAF  I GRUPO TRAGSA HIJOS DE RIVERA I INECO INYCOM  LEROY MERLÍN MANAGEMENT SOLUTIONS I NAUTERRA I  NAVANTIA  I NH HOTEL GROUP PART OF MINOR HOTELS I NORVENTO ENERXIA I NTT DATA  I PORTOCABO I PWC  I  REPSOL  I SECOT  I  SIEMENS* (realiza unha PRESENTACIÓN, participa sen stand)  I GADISA I ZENDALUNIVERSIDADE DA CORUÑA

*Se queres contactar con SIEMENS inscríbete no FORMULARIO DE INSCRICIÓN na súa presentación. Información sobre horario da presentación, no CRONOGRAMA DAS PRESENTACIÓNS.

 

ACTIVIDADES DENTRO DA FEIRA

VisitaStands_gal

40 stands de empresas e entidades de distintos sectores de actividade (Ver Fichas de Empresas e Programa da Feira).

Aproveita a túa visita á feira e leva preparado o teu CV e portfolio (se é o caso) en varios formatos (físico, en memoria externa, aloxado nun sitio web ou introdúceo na páxina web da empresa).

Algunhas empresas admiten o CV físico, tamén piden que o subas á súa páxina web e a outras podes enviarllo por correo electrónico (Ver Fichas de Empresas). 

Se o teu perfil lles interesa realizaranche entrevistas curtas no propio stand e que fales do teu perfil profesional. Un número alto de empresas manifestan que realizarán entrevistas curtas xa sexa no seu stand ou na Sala de Networking  (Ver PLANO DA FEIRA). Porén, hay algunha empresa que realizará probas de selección longas fóra do stand (ver o punto 3. PROBAS DE SELECCIÓN).

 

6_GAL

CRONOGRAMA DAS PRESENTACIÓNS DAS EMPRESAS

Arredor de 17 empresas realizarán unha presentación (Ver Cronograma das Presentacións).

Nota: Se queres contactar con SIEMENS, recomendamos que asistas á súa presentación xa que non participa con stand.  

IMPORTANTE!

  • Elixe as presentacións das empresas que che interesen no FORMULARIO DE INSCRICIÓN posto que o aforo é limitado.

 

3_PRUEBAS_SELECCION_CAST

CRONOGRAMA DAS PROBAS DE SELECIÓN EN PROFUNDIDADE: ENTREVISTAS OU DINÁMICAS DE GRUPO

IMPORTANTE!

Mira o cronograma e inscríbete nas PROBAS DE SELECCIÓN que che interesen no FORMULARIO DE INSCRICIÓN posto que o aforo é limitado (é necesario que o teu perfil sexa un dos preferentes para as empresas).

 

4-OFERTAS

OFERTAS DE EMPREGO E PRÁCTICAS: POSTÚLATE ÁS QUE CHE INTERESEN!

INFO ÚTIL

Le atentamente as fichas das empresas para obter información sobre se publicarán as súas ofertas na Feira, o ben, te remiten ao seu sitio web ou redes sociais. Analiza as ofertas e se che interesa, postúlate se coinciden co teu perfil. 

OFERTAS PARA AS QUE SE REALIZARÁ A 1ª FASE DO PROCESO DE SELECCIÓN NA FEIRA DE EMPREGO: 

 


Polo tanto, ten en conta que antes de presentar a túa candidatura ás ofertas te informes sobre a empresa e prepares un bo currículum. Segue  ao pé da letra as instrucións da empresa en canto á forma de envío ou de contacto.

Como se indica nas fichas informativas das empresas, algunhas realizarán entrevistas nos propios stands; outras realizarán probas máis exhaustivas en relación a unha oferta ou ofertas concretas.

Sería un 1º contacto coa empresa, non esquezas que queren coñecerte.  

 

INTERES

SORTEOS

  • UN SORTEO XERAL

Día: 17 de outubro de 2024, ao remate da Feira de Emprego

Onde? Pavillón de Deportes da UDC, 1º andar (Campus de Elviña) no stand da Universidade da Coruña

Hora: 18:30

Nota: Non tes por que estar presente no sorteo xeral ao remate da feira; o día 18 de outubro comuicaráseche por correo electrónico da UDC e podes recoller os teus agasallos na oficina de Emprego UDC (Pavillón de Estudantes, 1º andar, Campus de Elviña), establecéndose como data tope para isto o día 30 de novembro. 

  • SORTEOS PARTICULARES DALGUNHAS EMPRESAS TRAS A SÚA PRESENTACIÓN OU PROBAS DE SELECCIÓN

AGASALLOS PARA OS SORTEOS

No Sorteo Xeral e nos Particulares tras a realización das actividades dalgunhas empresas, sortearanse agasallos das empresas colaboradoras: suadoiros, camisetas, bolsas, cadernos e bolígrafos, vales regalo, unha cea, asesoramento gratuito para emprender a túa empresa, outros produtos sen determinaar e de merchandising en xeral. 

Infórmate na sección correspondente no Programa do Foro Avanza 2024 (última páxina).

 

1 CREDITO ECTS

CONSULTAS: emprego.vee@udc.gal

*A asistencia ao Foro Avanza dará lugar ao recoñecemento de 1 crédito ECTS para os títulos de grao, sempre que cumpran as seguintes condicións: 
  • Estar debidamente inscrito/a  no Foro Avanza a través do formulario de inscrición.
  • Asistir como mínimo ao 80% do Foro Avanza (Xornadas e Feira de Emprego).

Os días 15 e 16 asinarase ao comezo da xornada e despois do descanso.

O día 17 asinarase ao entrar na Feira e recollerás a tarxeta de participación para participar nos sorteos nos que tes que visitar / ir a presentacións ou participar en probas de selección de como mínimo 6 empresas. 

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA SACAR O MÁXIMO PARTIDO Á FEIRA DE EMPREGO

Como podes participar activamente neste evento?

ANTES DA FEIRA

  • Le as fichas das empresas participantes, visita a súa web e redes sociais e elabora un currículum vitae (CV)que se adapte, dentro do posible, ás necesidades da empresa. Non te esquezas (de ser o caso) do teu portfolio. 
  • Prepara o teu CV en soporte físico  e soporte virtual. Por exemplo, podes levar varios exemplares en papel do teu CV e tamén nunha memoria externa (pendrive) ou aloxado nun sitio web etc. Do mesmo xeito, o teu portfolio (se o tes elaborado).
  • Envía o teu CV

Utiliza o medio ou medios  que se indican nas fichas das empresas do teu interese.

Cada empresa especifica as titulacións e perfís profesionais preferentes. Fíxate se estás dentro da súas preferenzas.

Envía a través da web da empresa ou por correo electrónico o teu CV con antelación se as empresas que che interesan o recomendan nas fichas. Case todas as empresas dispoñen dun sitio para introducir o CV nas súas webs e, en moitos casos, a empresa prefire recibilos por ese medio.

  • Pensa cales empresas deberías visitar nos seus stands. Prepara a visita, seguramente che farán preguntas relativas a:
    • quen es? que estudos universitarios posúes ou en que curso estás?
    • que buscas, cal ou cales son os teus obxectivos profesionais?
    • por que che interesa a súa empresa?
    • que aportarías á empresa? Cales serían as túas habilidades, aptitudes ou competencias. 
  • Inscríbete no formulario. Recomendamos tamén que te apuntes neste formulario a aquelas Presentacións do teu interese (fíxate en horarios e lugares no cronograma correspondente) así como nas Probas de selección dalgunas empresas (se inclúen o teu perfil dentro das súas preferenzas). Se as empresas publican ofertas, estas probas suporán unha 1ª fase dentro do proceso de selección. Analiza a oferta e, se che interesa, postúlate. Segue as instrucións en canto ao envío do teu CV. Se lles gusta, poden citarte para a proba de selección da Feira. 

 

DURANTE A FEIRA

  • Visita os stands das empresas do teu interese  

Ver Empresas Participantes na Feira  e as fichas das empresas.

  • Asiste ás Presentacións das empresas que che inscribiches no formulario.   
  • Participa nas probas de selección ás que te inscribiches con antelación (se te axustas ao perfil preferente das empresas que as realizan)

Ver Fichas das EmpresasCronograma das Probas de Selección. Algunhas empresas coma Deloitte; Dragados, Vías y Construcciones, Tecsa, Drace Geocisa e PWC realizarán entrevistas ou dinámicas de grupo nos lugares que figuran nas fichas e cronograma. Xeralmente, estas probas correspóndense coa 1ª fase dun proceso de selección no que se pide, ou non, o teu perfil. Asegúrate.

Para poder participar nestas probas tes que inscribirte nelas no formulario de inscrición e enviar o teu CV con antelación a través do medio de preferenza da empresa (ver fichas). 

Para preparar estas probas le con atención as fichas das empresas que preferentemente busquen o teu perfil, obtén información valiosa das empresas nas súas páxinas web e redes sociais, prepara o teu CV, envíao segundo como prefira a empresa (tal e como se indica nas fichas das empresas).

Nas fichas das empresas podes atopar información de relevo para a túa participación na feira:

Cal é o sector de actividade?

Que perfís buscan?

Recollen o teu CV na feira? ¿En que soporte?

Publican ofertas dentro da web da feira? 

Ofrecen unha ligazón web para que as vexas?

Que actividades realizarán?

Que empresas realizarán unha presentación?

Cales realizarán probas de selección -xa sexan entrevistas ou dinámicas de grupo- dentro da feira?

Realizarán entrevistas curtas nos stands?

Realizarán probas máis estandarizadas?

A meirande parte das empresas poden facerche entrevistas curtas no stand e outras, entrevistas ou probas de selección máis profundas  xeralmente vinculadas a ofertas concretas. 

  • Participa no sorteo xeral de agasallos aportados polas empresas ao final da feira e, se é o caso, nos sorteos particulares (xa sexan nos stands ou durante as actividades paralelas).

No Programa podes atopar información sobre cómo participar. 

  • Comunícate e mellora os teus contactos profesionais.

Toma nota dos contactos que fas na feira (persoal técnico de RRHH dos stands.

 

DESPOIS DA FEIRA

Tras a túa participación na Feira, intenta manter o contacto, sobre todo por redes sociais (con preferencia Linkedin), co persoal técnico que coñeciches e te atendeu no evento xa fose nos stands ou durante as actividades paralelas (presentacións e/ou probas de selección), solicítalles contacto agradecendo a súa atención durante a feira. 

 

 

HISTÓRICO FORO AVANZA

FORO AVANZA 2023

FORO AVANZA 2022

FORO AVANZA 2021

Programa 

Programa feira virtual

FORO AVANZA VIRTUAL 2020

Programa

FORO AVANZA 2019

Programa

FORO AVANZA 2018

Programa

Presentacións