Préstamo

Préstamo (c) 1200x225

Préstamo

 

O préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña.

Para acceder a este servizo, hai que presentar a tarxeta de usuario (ou DNI ou pasaporte) que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no punto 2 das Normas de préstamo.

Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de ser prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderán consultarse únicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de préstamo).

Calquera persoa allea á Universidade pode solicitar o carné de persoa usuaria autorizada externa.

O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración de éste, varía segundo o tipo de usuario:

 

Tamén hai préstamos especiais en función de certas data do ano ou o tipo de material.

Inicio de sesión / A miña conta

 

VANTAXES

Ao Iniciar sesión en Crunia inicio de sesión galego, poderá:

  • Ver os seus préstamos e renovalos. Acceder ao historial dos seus préstamos.
  • Coñecer as condicións de préstamo de cada material.
  • Facer e Ver as súas solicitudes e reservas.
  • Gardar buscas e rexistros preferidos.
  • Acceder aos seus favoritos: buscas gardadas, rexistros gardados e historial de busca.
  • Ver en liña os materiais electrónicos adquiridos pola Biblioteca Universitaria no caso de formar parte da Comunidade Universitaria (estudantes, PAS e PDI).

 

Dúas opcións de entrada

MEMBROS DA UDC

Os membros da Comunidade Universitaria escollen para entrar Usuario/a UDC. Non teñen que máis que introducir as credencias da UDC e o seu contrasinal.

 

PERSOAS USUARIAS AUTORIZADAS EXTERNAS

Aquelas persoas interesadas en utilizar o servizo de préstamo da Universidade da Coruña pero que non forman parte da Comunidade Universitaria teñen que encher un formulario de alta previamente. Consulta aquí o procedemento e segue as indicacións que se detallan.

Unha vez completado o proceso de alta escollerán para iniciar sesión a opción Usuario/a Autorizado/a e introducirán o seu usuario (21+DNI) e o contrasinal que escolleron durante o proceso de alta.

Renovacións

 

Pódese renovar o período de préstamo de tódolos documentos sempre que outro usuario non os solicitase, non estea o documento reservado e a persoa usuaria non teña sancións. A renovación pódese facer a través de Crunia, "Os meus préstamos",

os meus préstamos

por teléfono ou persoalmente en calquera das bibliotecas. Contabilízase a data de renovación a partir do día no que ésta é solicitada.

Reservas

 

Pódense facer reservas de títulos prestados ou dispoñibles. Para reservalos hai que estar identificado en Crunia. Para solicitar o reservar un exemplar, busque no catálogo e prema no material desexado. En "Obtelo" prema en "Solicitar/Reservar":

solicitar título

ou diríxase ao persoal da súa biblioteca. As reservas caducan 48 horas despois de ser recibidas na biblioteca e de que o usuario sexa avisado por correo electrónico. Pódense facer tantas reservas como exemplares se poidan sacar en préstamo.

Préstamo intercentros

 

Para que calquera persoa usuaria poida acceder aos fondos de todas as bibliotecas da UDC sen necesidade de desprazarse existe o préstamo intercentros. Calquera usuario poderá solicitar un préstamo intercentros desde calquera biblioteca ou desde Crunia, igual que como se explicou en Reservas.

As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.

Unha vez que chegue o documento, éste reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria ao terceiro día.

Préstamo de lectores de libros electrónicos

 

A biblioteca da UDC ofrece este servizo restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de 15 días e poderá ser renovado por outros 15, se non hai persoas usuarias en listaxe de agarda. O lector terá que ser devolto sempre na biblioteca onde se fixo o préstamo. A persoa usuaria é responsable do lector que se leva en préstamo e dos dispositivos que se entregan con éste (tarxeta, cable, usb e funda), ten que devolvelo nas mesmas condicións nas que o recibiu e facer un uso respectuoso do material e non modificar a configuración nin cambiar o contido da tarxeta.

Actualmente, a seguinte biblioteca da UDC conta con servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos:

  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

 

Tipos de préstamo

Grupo de usuarios/as ao que se dirixe

Días de préstamo

Renovable

Reservable

E‐readers

Todos os grupos excepto o grupo 6

15 días

Indefinidas

Si

 

Normas de uso deste préstamo.

 

 

Préstamo de ordenadores portátiles

 

Este servizo está restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de seis horas, aínda que poderá ser renovado por outras seis, se non hai persoas usuarias en listaxe de agarda. A persoa usuaria é responsable do portátil que se leva en préstamo e terá que devovelo nas mesmas condicións nas que o recibiu. Se se detecta un mal funcionamento do equipo deberá comunicalo de inmediato ao persoal da biblioteca.

Actualmente, as siguintes bibliotecas da UDC contan con servizo de préstamo de ordenadores portátiles:

  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca Universitaria de Oza (CC. da Saúde, Fisioterapia e Enfermaría)
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

 

Tipos de préstamo

Grupo de usuarios/as ao que se dirixe

Días de préstamo

Renovable

Reservable

Portátiles e accesorios

Todos os grupos excepto o grupo 6

6 horas

1 renovación

Si

 

Normas de uso deste préstamo.

 

Consulta en sala

 

As distintas bibliotecas de centro da UDC ofrecen, no seu conxunto, ao redor de 3.400 postos de lectura, para a consulta dos seus fondos.
Nalgúns casos existen salas para a consulta de materiais especiais (fondo antigo, microformas...) e hemerotecas para a consulta de publicacións periódicas.

 

Sancións

 

Tendo en conta as facilidades de renovación de que dispoñen os usuarios e a flexibilidade xeográfica que ofrece o préstamo intercentros, que permite a devolución en calquera biblioteca da UDC, non hai excusas para a falta de puntualidade. O incumprimento reiterado da normativa de préstamo e devolucións suporá unha suspensión temporal do servizo de préstamo. 

 

Desde o momento da devolución, o usuario será sancionado sen poder levar libros tantos días hábiles como documentos co préstamo vencido teña e días de retraso acumule, ata un máximo de 40 días. As sancións son acumulables.

Exemplo: se o usuario ten 4 libros e se retrasa 5 días en devolvelos, será sancionado con 20 días hábiles (4 semanas, se non hai festivos no medio) sen poder levar documentos en préstamo

 

Ademais, o deterioro ou perda de libros suporá a súa reposición por outro exemplar da mesma edición. A dirección da biblioteca á que pertenza o documento extraviado escollerá un de características similares no caso de estar esgotado. A secretaría do centro pode requerir ao estudantado e aos traballadores da UDC (PDI ou PAS), no momento en que solicitan o seu título ou rematan a súa relación laboral coa universidade, que regularicen a súa situación coa biblioteca no caso de ter préstamos pendentes coa fin de asegurar a devolución ou reposición dos documentos (art. 5.5 das Normas de préstamo da biblioteca da UDC).

 

Os usuarios recibirán na conta de correo electrónico da UDC avisos de reclamación de documentos non devoltos e notificacións de sancións. Cómpre manter a conta de correo libre de espazo para que os emails non cheguen de volta ao servizo.