Información xeral

biblioteca mision (c) 500 por 300

A misión da Biblioteca é dar soporte á docencia, á aprendizaxe, á investigación e á formación integral do seu estudantado e profesorado en particular, e de todas as persoas en xeral. Para isto facilita o acceso e a difusión dos recursos de información, xestiona espazos, equipamentos e servizos, e colabora nos procesos de transformar a información en coñecemento. Desta forma, a Biblioteca aporta valor e contribúe ás funcións da Universidade ao servizo da sociedade.

Os 101 bibliotecarios da BUDC atenden a 23.664 usuarios desde 17 puntos de servizo. Integran a colección da Biblioteca 862.156 libros, 111.474 ebooks e 51.238 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD, etc. A BUDC conta tamén con 9.274 revistas en papel e 27.288 en formato dixital, ademais de dar acceso a 59 bases de datos que cubren todas as disciplinas científicas. Todo este material supón un orzamento anual de dous millóns de euros aproximadamente.

Son usuarios de pleno dereito da Biblioteca todas as persoas que sexan membros da comunidade universitaria da UDC. Poderán ter a condición de usuarios do servizo de préstamo aqueloutras persoas expresamente autorizadas pola Biblioteca ou que pertenzan a entidades coas que existan convenios ou acordos para a utilización deste servizo.

O horario xeral de atención ao público é de 08.30 h a 21.30 h, de luns a venres. Este horario pode verse reducido en periodos de vacacións.

Enderezo

Servizo de Biblioteca Universitaria
Ed. Xoana Capdevielle, 2º andar, Campus de Elviña, 15008, A Coruña, España
Tel. +34 981 167 000