BASES de DATOS

O acceso aos recursos electrónicos está restrinxido aos membros da comunidade universitaria da UDC. Para acceder desde fóra cómpre autentificarse previamente co nome de usuario e a contrasinal.  

Ademáis no caso de acceso institucional hai que seleccionar a Universidade da Coruña como institución e autentificarse posteriormente. 

Unha alternativa para traballar desde fóra é o emprego de ferramentas como o escritorio virtual VDI, ou a rede privada virtual VPN. 

CINAHL [acceso restrinxido]
CINAHL (Cumulative Index to Nursing and Allied Health Literature) é unha base de datos especializada en enfermaría e outras disciplinas relacionadas coa saúde. O seu acceso realizase a través da plataforma EBSCO, que permite unha busca simultánea con MEDLINE utilizando termos MeSH.

COCHRANE LIBRARY [acceso restrinxido]
Colección de bases de datos con evidencias clínicas de alta calidade. Destacan a "Base de datos Cochrane de Revisiones Sistemáticas" (CDSR), o "Registro Cochrane de Ensayos Controlados" (CENTRAL) e as "Respuestas Clínicas Cochrane".

DIALNET [acceso libre]
DIALNET é unha base de datos de literatura científica hispana de temática multidisciplinar que inclúe revistas, teses doutorales e publicacións en congresos. Destaca o servizo de alertas bibliográficas que difunde a través do correo electrónico as novas actualizacións.

LILACS [acceso libre]
Base de datos de literatura científica en ciencias da saúde producida en América Latina e o Caribe. Lilacs é mantida e actualizada por BIREME, centro especializado da Organización Panamericana de la Salud (OPS).

PEDro [acceso libre]
Creado polo Centre for Evidence-Based Physiotherapy do George Institute for Global Health de Australia, é unha base de datos en español para a busca de ensaios controlados, revisións sistemáticas e  guías de práctica clínica no campo da fisioterapia.

PUDMED [acceso libre]
Ferramenta de busca desenvolvida pola National Library of Medicine (NLM). O seu componente principal é a base de datos MEDLINE que contén referencias de máis de 5200 revistas biomédicas. A súa característica máis distintiva é que os seus rexistros están indexados co tesauro MeSH (Medical Subjet Headings).

OTSEEKER [acceso libre]
OTseeker (Occupational Therapy Systematic Evaluation of Evidence), producida polo Department of Occupational Therapy da University of Queensland de Australia, contén resumos de revisións sistemáticas e ensaios controlados no campo da terapia ocupacional.

SCOPUS [acceso restrinxido]
Producida pola multinacional holandesa Elsevier, unha das editoriais científicas máis prestixiosas do mundo, Scopus é a maior base de datos de literatura científica. É de carácter multidisciplinar, aínda que ao redor do 40% do seu contido está dedicado ao campo das ciencias biomédicas.

SPORTDISCUS [acceso restrinxido]
Base de datos especializada en deportes e medicina deportiva, que proprociona acceso a máis de 500 revistas co texto completo. Utiliza a plataforma de busca de EBSCO.

WEB of SCIENCE [acceso restrinxido]
Plataforma de bases de datos de carácter multidisciplinar. WoS permite realizar buscas simultáneas en varias bases de datos como Current Contents, Medline ou SciELO, ademáis da súa colección principal Web of Science Core Collection.