Teletraballo: ferramentas

Comunicacións e acceso remoto

  • Escritorio virtual (VDI). Unha fiestra para acceder ao teu ordenador na UDC
    Un escritorio virtual VDI (do inglés Virtual Desktop Infrastructure) é un ordenador que está funcionando nun servidor remoto e os usuarios poden acceder ao seu escritorio a través de Internet. 
    A maneira recomendada de conectarse a un escritorio VDI é instalando o sóftware do cliente vmware horizon.
    No caso de usar un navegador de Internet recomendado é Google Chrome.
  • Microsoft Teams. O Whatsapp da UDC con todos os contactos da UDC
    É recomendable utilizar a aplicación para o escritorio (Windows, MacOS e GNU/Linux) ou, no seu defecto, a aplicación móbil (iOS, Android). Tamén está accesible vía web.
    Permite chatear, reunirse, chamar, compartir documentos e, en xeral, colaborar nun mesmo lugar entre dúas persoas ou cun equipo.
    Permite crear aulas de colaboración, personalizar a aprendizaxe mediante tarefas, conectarse con compañeiros en comunidades de aprendizaxe profesional e axilizar a comunicación de todo o persoal.
  • Microsoft Yammer. O Facebook da UDC
    Rede social para conectarse e interactuar en toda a UDC mediante grupos abertos ou restrinxidos.
  • VPN. Conecta o cable de rede desde a UDC á túa casa
    Acceso remoto á rede e servidores da UDC. Unha rede privada virtual (en inglés Virtual Private Network, VPN) permite estender de xeito seguro a rede corporativa da UDC e acceder a ela desde calquera ubicación a través de Internet empregando as credenciais de usuario.

Ferramentas de edición e repositorio online

  • Microsoft Onedrive. O Dropbox (ou Google Drive) da UDC
    É o servizo de almacenamento de ficheiros na nube de Office 365. Permite compartir ficheiros entre usuarios. Soporta o acceso aos arquivos sen conexión. Copias de seguridade e versións de todos os ficheiros de xeito automático.
  • Documenta. O xestor documental da UDC
    É un sistema de administración de contidos e xestión documental na nube.
  • Microsoft Office. Paquete ofimático en liña
    As mesmas aplicacións de Office de sempre (Word, Excel e Powerpoint) accesibles en liña mediante un navegador web.
  • Microsoft Office Professional. Paquete ofimático instalable (Windows e MacOS) previa descarga
    As mesmas aplicacións de Microsoft Office de sempre (Word, Excel e Powerpoint) dispoñibles no teu Windows ou MacOS.
    Microsoft PowerPoint dispón de capacidades de edición de vídeo que permiten:
    - Engadir audio ás diapositivas e exportar o conxunto coma un vídeo que se pode subir a Microsoft Stream.
    - Gravar unha área ou toda a pantalla e exportar o vídeo.
  • Microsoft Stream. O Youtube da UDC
    Permite subir vídeos e crear grupos e canles para a súa distribución.

 

* Máis información en AxudaTIC