Actividades en liña

Deportes

Actividade física en liña: aperturas
Nivel: básico - iniciación. Duración: 16'55''
Cos exercicios que se presentan neste vídeo preténdense dar unhas sinxelas ideas de posturas de apertura, para potenciar a mobilidade e amplitude dos teus ombreiros, estiramento do teu pectoral e activación da túa cintura escapular e así evitar posicións cifóticas que nestes días poden aparecer de maneira máis recorrente. Material necesario: unha cadeira e unha toalla.

Actividade física en liña: rutina de cardio
Nivel: iniciación. Duración: 15’
Sesión con exercicios continuos que favorecen a activación do sistema cardiovascular. Mestúranse movementos de zancadas e coordinación, entre outros, co paso de marcha ou trote lixeiro. Material: ningún

Actividade física en liña: amplitude de movemento
Nivel: Intermedio. Duración: 14' 50''
Esta proposta ten como finalidade mellorar a amplitude de movementos. Está pensada para persoas que queren manterse activas ou para facer unha sesión de recuperación no caso de realizar previamente un adestramento de alta intensidade. Material necesario: ningún

Actividade física en liña: mobilidade dos pés
Nivel: Iniciación. Duración: 21' 35''
Esta sesión ten como obxectivo mellorar a mobilidade dos pés, aos que normalmente non se presta moita atención pero que son a base da postura bípeda e sobre os que recae o peso de todo o corpo. Material necesario: toalla, lapis e pinza de tender a roupa.

Actividade física en liña: amplitude de movemento
Nivel: Iniciación. Duración: 31’52’’
Esta sesión está dirixida a todo o público que desexa moverse de maneira global e integral, traballando, principalmente, a amplitude de movemento de xeito sinxelo. Material necesario: cadeira e caixa (de zapatos por exemplo).

Actividade física en liña: traballo en circuíto
Nivel: iniciación. Duración: 31'09''
Adestramento en circuíto dirixido para aquelas persoas que non realizan actividade física habitualmente ou levan un tempo de inactividade. Consta de quecemento, parte principal, 6 exercicios, 10/15 repeticións por exercicio, 4 series (voltas ao circuíto) e estiramentos. Material necesario: 1 toalla pequena, 1 cadeira e 2 botellos de auga.

Actividade física en liña: mobilidade xeral
Nivel: Iniciación. Duración: 28' 03''
Esta sesión ten como finalidade a mobilidade xeral de todo o corpo, centrándose no tronco a través de propostas sinxelas. Material necesario: cadeira e toalla pequena.