Os obxectivos, contidos e modalidade de cada un dos módulos explícanse nos apartados correspondentes nesta páxina.
O PMEC é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade que ten por obxectivo xeral que o alumnado e persoas egresadas da UDC posúan os coñecementos imprescindibles que favorecen a súa inserción laboral.
Este programa comprende dous seminarios (Módulo 1 e Módulo 2) e unha xornada única de experiencias e casos prácticos de inserción laboral (Módulo 3) que se realizará a finais de curso e que conta coa participación de empresas e persoas emprendedoras. O alumnado asistente aos tres módulos (1, 2 e 3) do Programa de Mellora da Empregabilidade terá dereito a solicitar 1 crédito ECTS.
A continuación, desenvólvese polo miúdo a información relevante de cada módulo:
SEMINARIO DE EMPRENDEMENTO
"SEMINARIO DE FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA"
Duración: 3 h
Ten como obxetivo difundir como se xeran as ideas empresariais e poder romper os mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando que calquera persoa con gañas e esforzo, pode convertir a súa idea nun proxecto empresarial. O contido formativo versará sobre a explicación da figura do emprendedor/a, a idea de negocio e a posta en marcha. Este formación teórica complementarase cunha dinámica sobre a metodoloxía de xeración de modelos de negocio – Canvas.
Este seminario poderá realizarse online (a través do TEAMS da UDC) ou presencial, dependendo da situación derivada da crise sanitaria. Cada seminario estará dirixido ao alumnado de cada centro (facultade ou escola universitaria) ou ao alumnado de distintos centros segundo o programa consensuado con eles e, na medida que se vaian concretando as datas e modalidade (online ou presencial), publicaranse de forma sucesiva no apartado anterior.
SEMINARIO ORIENTACIÓN LABORAL
"PROBAS DE SELECCIÓN DAS EMPRESAS E RECURSOS PARA A BUSCA DE EMPREGO E PRÁCTICAS"
Duración: 3 h
Obxectivo xeral: desenvolver as competencias básicas necesarias para enfrontar os procesos de selección de persoal utilizados polas empresas na avaliación das persoas candidatas ás ofertas de emprego ou de prácticas.
Os obxectivos específicos deste módulo son:
Este curso académico, debido á situación da crise sanitaria pode programarse este seminario de forma online (a través do TEAMS da UDC) ou ben, presencialmente. Este módulo poderá realizarse dirixido ao alumnado de cada facultade ou escola universitaria ou para alumnado matriculado en distintos centros segundo a programación consensuada que se indica no inicio desta páxina. A medida que se concreten as datas irase publicando de forma sucesiva neste sitio.
"EXPERIENCIAS E CASOS PRÁCTICOS DE INSERCIÓN LABORAL"
Duración: 4 h
Realízase a final de curso e participan profesionais de departamentos de empresas relacionados coa selección de persoal e profesionais do mundo do emprendemento que desenvolverán temas relacionados coas súas áreas:
As persoas asistentes beneficiaranse das experiencias de profesionais que contan cunha gran bagaxe experiencial nos seus correspondentes campos.
SEMINARIOS REALIZADOS NO CURSO 2019/2020.
Os obxectivos, contidos e modalidade de cada un dos módulos explícanse nos apartados correspondentes nesta páxina.
Toda a información sobre o Programa de Mellora da Empregabilidade na pestana correspondente do menú de "Cursos".
O alumnado asistente á totalidade dos seminarios deste programa tivo dereito a solicitar 1 crédito ECTS. Estes seminarios completan aos que se desenvolveron presencialmente ata marzo de forma presencial.
O programa en liña consta de 3 Módulos:
Modalidade: Teleformación na paltaforma MOODLE UDC
Dirixido a todo o alumnado de grao e máster.
Duración de 10 hs. e realizado entre o 1 e o 30 de marzo de 2020
OBXECTIVOS:
Adquisición de competencias emprendedoras e formación axeitada para identificar unha boa
idea de negocio e a súa viabilidade no nicho de mercado correspondente.
CONTIDO
-A figura do emprendedor e o autoemprego.
-A idea de negocio. A túa proposta de valor.
-A viabilidade do proxecto a través do plano de negocio. (Modelo Canvas).
-Constitución e posta en marcha da empresa.
-Vías de financiación
FICHA INFORMATIVA DO CURSO DE EMPRENDEMENTO E AUTOEMPREGO
Duración de 10 hs. e realizado entre o 1 e o 29 de febreiro de 2020
OBXECTIVOS:
1- Comprender a importancia da análise das propias competencias profesionais con relación
ás demandadas polo mercado laboral.
2- Reflexionar sobre os intereses profesionais e a determinación dos obxectivos.
3- Definir o propio perfil profesional en distintos contextos.
4- Coñecer como se realizan os procesos de selección habituais nas empresas
5- Saber usar as principais ferramentas e recursos para buscar prácticas e emprego no
ámbito privado e público.
6- Elaborar un plan básico e persoal de mellora da empregabilidade.
CONTIDOS:
I- O autocoñecemento: análise das competencias profesionais e definición do perfil
profesional
- Fortalezas e debilidades das competencias específicas e transversais propias
- Determinación do (s) obxectivo (s) profesionais
- Competencias máis demandadas polo mercado laboral
- Comparación ou balance entre as competencias profesionais que se ofrecen á
empresa e as que esta demanda.
- Definición do perfil profesional: a técnica do discurso de ascensor (elevator pitch).
II- O proceso de selección das empresas e as ferramentas máis importantes para buscar
emprego e prácticas
1) O currículum vitae
- Tipos e novas fórmulas para a súa elaboración (CV 2.0)
- Recomendacións
2) A carta de presentación ou de motivación
- Estrutura
- Tipos
- Recomendacións para a súa redacción
3) A entrevista de traballo
- Tipos
- A comunicación verbal e non verbal
- Recomendacións: antes, durante e despois da entrevista
4) As dinámicas de grupo
- Exemplos
- Competencias que avalían
- Recomendacións
5) Outras probas de selección
III- Recursos básicos para buscar prácticas e emprego no ámbito privado e público
- Os portais de emprego, metabuscadores e páxinas web de interese en distintos
ámbitos xeográficos (especialmente autonómico, nacional e europeo).
- As redes sociais especializadas
- O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e Servizo Público de Emprego de
Galicia (SPEG)
- A rede EURES
- Boletíns oficiais e páxinas de información sobre o emprego público
IV- Deseño dun plan básico e persoal de mellora da empregabilidade
FICHA INFORMATIVA DO CURSO MELLORA DA EMPREGABILIDADE
O FORO AVANZA, como nas anteriores edicións, baséase en tres actividades fundamentais para a empregabilidade de calquera estudante ou persoa egresada: emprego, emprendemento e contacto coas empresas. Inclúe distintas actividades desenvolvidas polo persoal técnico das empresas, profesionais recoñecidos do emprego público/privado e especialistas nas distintas temáticas relacionadas co emprego e o emprendimento.
Coñecerás programas específicos para o autoemprego da mocidade universitaria; a saída laboral do emprego público; como preparar unha entrevista de éxito; como crear un bo currículum vitae; as oportunidades de emprego, prácticas e voluntariado en Europa; como podes crear e usar o teu LinkedIn para buscar emprego ou potenciar a túa marca persoal, etc. Terás a posibilidade de contactar coas empresas, consultar as túas dúbidas, enviarlles o teu currículum vitae...
Esta edición, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de novembro, será virtual a través do TEAMS da UDC previa inscrición gratuita que remata o día 9 de novembro ás 14:00 horas (aforo limitado). O alumnado de Grao que asista terá dereito a solicitar 1 crédito ECTS previa inscrición.
VIDEOCONFERENCIAS E CONTACTOS
Relatorios día 12/11/2020 (1ª parte)
Relatorios día 12/11/2020 (2ª parte)
Presentación de empresas
O FORO AVANZA basease en tres actividades fundamentais para a empregabilidade de calquera estudante ou persoa egresada: Emprego, emprendemento e contacto con empresas.
Ao longo de tres días desenvolvéronse charlas informativas, obradoiros e encontros coas empresas participantes no FORO coa posibilidade de entregar CV.
O FORO celebrouse os días 22, 23 e 24 de outubro na Facultade de Economía e Empresa, situada no Campus de Elviña
Presentacións
Reportaxe fotográfica (conferencias, obradoiros e presentacións de empresas)
Reportaxe fotográfica dos "Encontros coas empresas"
O FORO AVANZA vai ter tres actividades fundamentais para calquer estudante ou titulado/a para a súa empregabilidade: Emprego, emprendemento e contacto con empresas.
Ao longo de tres días desenvolveranse charlas informativas, obradoiros e encontros coas empresas participantes no FORO, que ademáis poderán recoller currículos.
O FORO celebrouse os días 13, 14 e 15 de novembro na Facultade de Economía e Empresa, situada no Campus de Elviña