Préstamo

préstamo (c) 491 por 225

Consulta en sala

As distintas bibliotecas de centro da UDC ofrecen, no seu conxunto, ao redor de 3.400 postos de lectura, para a consulta dos seus fondos.
Nalgúns casos existen salas para a consulta de materiais especiais (fondo antigo, microformas...) e hemerotecas para a consulta de publicacións periódicas.

Préstamo

O préstamo réxese polas Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade de A Coruña, aprobadas pola comisión da Biblioteca Universitaria o 17 de novembro de 2008.

Para acceder a este servizo, hai que presentar a tarxeta de usuario (ou DNI ou pasaporte) que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no punto 2 das Normas de préstamo.

Tódolos materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de ser prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüedade ou preservación, poderán consultarse únicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de préstamo).

O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración de éste, varía segundo o tipo de usuario:

USUARIO OBRAS DÍAS
Estudantado de grao, 1.º e 2.º ciclo e senior; PAS 6 10
Estudantado de doutorado 25 21
Estudantado de másteres, proxecto de fin de grao ou fin de carreira 10 21
PDI, profesorado visitante 100 Curso
Persoal becario de investigación e persoal investigador contratado 25 Curso
Usuarios autorizados externos 3 10

 

Renovaciones

Pódese renovar o período de préstamo de tódolos documentos sempre que outro usuario non os solicitase. A renovación pódese facer a través de 'O meu rexistro', por teléfono ou persoalmente en calquera das bibliotecas. Contabilízase a data de renovación a partir do día no que ésta é solicitada.

Reservas

Os documentos que se atopen prestados poden ser reservados por calquera usuario. Para solicitar a reserva dun exemplar, entre en 'O meu rexistro' ou diríxase ao persoal da súa biblioteca. As reservas caducan 48 horas despois de ser recibidas na biblioteca e de que o usuario sexa avisado por correo electrónico. Pódense facer tantas reservas como exemplares se poidan sacar en préstamo.

O meu rexistro

Esta opción permite a cada usuario coñecer o estado dos seus préstamos, facer reservas, renovacións, consultar o historial de préstamos, etc. Acceso a 'O meu rexistro'.

Préstamo intercentros

Para que calquera usuario poida acceder aos fondos de todas as bibliotecas da UDC sen necesidade de desprazarse existe o préstamo intercentros. Calquera usuario poderá solicitar un préstamo intercentros desde calquera biblioteca.

As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.

Unha vez que chegue o documento, éste reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria ao terceiro día.

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A biblioteca da UDC ofrece este servizo restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de 15 días e poderá ser renovado por outros 15, se non hai usuarios en listaxe de agarda. O lector terá que ser devolto sempre na biblioteca onde se fixo o préstamo. O usuario é responsable do lector que se leva en préstamo e dos dispositivos que se entregan con éste (tarxeta, cable, usb e funda), ten que devolvelo nas mesmas condicións nas que o recibiu e facer un uso respetuoso do material e non modificar a configuración nin cambiar o contido da tarxeta.

Para facer uso deste préstamo, hai que cubrir esta solicitude.

Actualmente, a seguinte biblioteca da UDC conta con servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos:

  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Préstamo de ordenadores portátiles

Este servizo está restrinxido aos membros da comunidade universitaria e a duración do préstamo será de catro horas, aínda que poderá ser renovado por outras catro, se non hai usuarios en listaxe de agarda. O usuario é responsable do portátil que se leva en préstamo e terá que devovelo nas mesmas condicións nas que o recibiu. Se se detecta un mal funcionamento do equipo deberá comunicalo de inmediato ao persoal da biblioteca.

Actualmente, as siguintes bibliotecas da UDC contan con servizo de préstamo de ordenadores portátiles:

  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

Para facer uso deste préstamo, hai que cubrir esta solicitude.

 

Para máis información consulte a Guía de préstamo ou acuda ao persoal da Biblioteca.