Grazas a que damos servizo aos estudos de Comunicación Audiovisual, a Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación posúe a colección audiovisual máis grande da Universidade da Coruña e ten unhas condicións de préstamo especiais.
Actualmente (xanerio 2023) contamos con 2872 películas, 236 obras de animación, 393 documentais e 218 series.
TES TRES XEITOS DE CONSULTAR O QUE TEMOS
SABES QUE BUSCAS |
- usa o catálogo (busca por obra ou por autor) |
|
QUERES EXPLORAR |
- vai ao noso perfil de pinterest especializado na nosa colección audiovisual |
![]() |
- consulta as listaxes en papel que hai na entrada da biblioteca, ordenadas por número currens segundo imos incorporando novos títulos |
A colección audiovisual compleméntase con un fondo bibliográfico sobre cinema (signatura C1) que abrangue desde aspectos técnicos, económicos e históricos, ata temas como a dirección artística e crítica cinematográfica.
Este fondo inclúe unha sección de guions e algunhas coleccións de análise de films e autores.
A maiores, creamos dous taboleiros en pinterest onde quixemos poñer en valor o traballo das mulleres directoras e realizadoras recompilando autoras e enlazando con información sobre elas:
(Actualización a 04/12/2019)