Un/Unha participante con menos oportunidades defínese como una persoa que se enfronta a obstáculos que lle impiden ter un acceso eficaz ás oportunidades que ofrece o Programa por motivos económicos, sociais, culturais, xeográficos ou de saúde, debido á súa orixe inmigrante, por razóns tales como a discapacidade e as dificultades de aprendizaxe ou por calquera outra razón que poida dar lugar a discriminación a tenor do disposto no artigo 21 da Carta de los Dereitos Fundamentais da Unión Europea. As persoas con menos oportunidades que participan en actividades de mobilidade Erasmus poden beneficiarse de financiación adicional específica de acordo cos perfís que se definen a nivel nacional polo SEPIE.
Para estudantado de educación superior estes son:
Obstáculo |
Perfil |
Forma de acreditación |
Discapacidade |
Estudantado cunha discapacidade igual ou superior ao 33% |
Certificado de discapacidade |
Obstáculos socioeconómicos |
Beneficiarios/as dunha bolsa de estudos de carácter xeral da Administración Xeral do Estado ou dunha bolsa do Departamento de Educación do País Vasco para o mesmo ciclo de estudos no curso inmediatamente anterior ao que se realizará a mobilidade ou no curso académico no que se realice a mobilidade |
As persoas bolseiras durante o curso no que realizan a solicitude de mobilidade non precisan acreditalo, pero si declaralo. As persoas que foron bolseiras dentro do mesmo ciclo de estudos no curso no que se realice a mobilidade deben acreditalo coa copia da resolución de concesión. |
Percepción de prestación de Ingreso Mínimo Vital / Renta Mínima de Inserción ou calquera outra prestación de igual ou similar natureza da unidade familiar |
Certificado da administración correspondente |
|
Persoas en risco de exclusión social |
Informe dos servizos sociais |
|
Familia numerosa |
Certificado de familia numerosa da Xunta ou administración correspondente |
|
Familia monoparental |
Certificado de familia monoparental da Xunta ou administración correspondente |
|
Situacións de especial necesidade e emerxencia social consideradas pola administración competente |
Informe dos servicios sociais |
|
Vítimas de terrorismo ou violencia de xénero |
Certificado da administración correspondente |
|
Orfandade |
Certificado da administración correspondente ou resolución da Seguridade Social |
|
Situación de dependencia, participantes con persoas dependentes ao seu cargo |
Certificado da administración correspondente |
|
Estudantado con contratos de traballo a tempo completo |
Contrato laboral cunha vixencia mínima de 6 meses anterior ao prazo de peche de solicitudes e que se manteña en vigor durante o período de mobilidade ou certificado de excedencia para realizar a mobilidade |
|
Problemas de saúde |
Situación de saúde física que xere a necesidade de apoio adicional |
Informe médico expedido por centro de saúde, especialista ou a autoridade sanitaria competente |
Situación de saúde mental que xere a necesidade de apoio adicional |
Informe de Saúde Mental. Informe médico expedido por centro de saúde, especialista ou a autoridade sanitaria competente |
|
Diferenzas culturais |
Condición de refuxiado ou con dereito a protección subsidiaria ou ter presentada solicitude de protección internacional en España |
Resolución ou solicitude |
Para poder recibir a axuda adicional para estudantado con menos oportunidades a acreditación da pertenza a un destes perfís debe realizarse no momento de aceptar a praza de mobilidade Erasmus concedida. No caso do estudantado que pertenza a varios perfís só precisa acreditar un deles.
O “Apoio á inclusión” é un apoio financeiro para cubrir custos adicionais de participantes con menos oportunidades que realizan actividades de mobilidade do programa Erasmus+. Para solicitar dito apoio ás persoas participantes que o necesiten, a UDC debe enviar unha solicitude ao SEPIE tendo en conta a información que se detalla a continuación.
Para acceder a este apoio, as persoas participantes deberán ter recoñecida e cualificada legalmente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%, ou padecer problemas físicos, mentais ou de saúde, debidamente acreditados mediante a correspondente certificación médica, así como cumprir co resto de criterios de admisibilidade establecidos no programa Erasmus+.
O importe cubrirá o 100% dos custos reais (ou efectivos) subvencionables que se soliciten, directamente relacionados coa súa discapacidade ou co seu problema físico, mental ou de saúde, e a condición de que non estean cubertos a través das categorías orzamentarias de “viaxes” (se fose pertinente) e “apoio individual”, incluída a axuda adicional para estudantes con menos oportunidades.
A axuda que se solicite poderá cubrir toda a duración da mobilidade financiada pola UDC con fondos Erasmus+ da UE, segundo determine esta con carácter xeral para todos os participantes da acción de mobilidade que corresponda. Non obstante, non se poderán conceder axudas de “Apoio á inclusión” baseado en custos reais (ou efectivos) a participantes con beca cero de fondos Erasmus+ da UE para un período completo o parcial de mobilidade. Así mesmo, no caso de que as persoas participantes realicen unha mobilidade combinada na que existan actividades virtuais que se desenvolvan no país de envío, non se poderán conceder axudas de “Apoio á inclusión” para eses períodos de actividade virtual.
Os gastos subvencionables no “Apoio á inclusión” son:
Transporte especial/adaptado da persoa participante no país de acollida |
Gastos da persoa participante no país de acollida orixinados por desprazamentos desde o seu lugar de residencia ata a organización onde realice a súa actividade de mobilidade, en casos nos que a discapacidade ou o problema físico, de saúde ou mental da persoa participante afecte á súa autonomía para realizar ditos desprazamentos. |
Acompañantes |
Gastos orixinados por persoas que acompañen ao/á participante no seu desprazamento ao país de destino e/ou de orixe e/ou durante unha visita preparatoria previa á actividade de mobilidade ou durante a estadía para levar a cabo a actividade. Aplicaranse as tarifas de mobilidade de persoal ata o día 60 de estadía, cunha contribución aos gastos de viaxe segundo a banda de distancia que corresponda e cun apoio individual determinado polo número de días e o país de acollida. En casos excepcionais nos que o/a acompañante deba permanecer máis de 60 días, os gastos adicionais de manutención/aloxamento a partir de día 61 calcularanse en base a gastos reais. |
Servizos profesionais |
Gastos orixinados pola contratación de servizos profesionais que resulten imprescindibles para a consecución das funcións propias da actividade da persoa participante no país de acollida. Entre estes servizos profesionais poderíanse incluír, por exemplo, intérpretes de linguas de signos ou certos servizos médicos ou terapéuticos puntuais relacionados directamente coa discapacidade legalmente recoñecida ou o problema físico, de saúde ou mental debidamente documentado do/da participante, pautados ou recomendados como parte do seu diagnóstico/tratamento habitual. |
Visitas preparatorias |
Gastos orixinados polo desprazamento da persoa participante nunha visita preparatoria previa á actividade de mobilidade. A visita preparatoria, coordinada entre a organización de envío e a de acollida, terá como obxectivo principal a preparación das actividades do/da participante para garantir que poidan desenvolverse con calidade. |
Outros gastos específicos derivados da discapacidade acreditada da persoa participante |
Gastos non contemplados nos conceptos anteriores nos que incorra o/a participante para facilitar a súa actividade de mobilidade no país de acollida, derivados directamente da súa discapacidade legalmente recoñecida ou do seu problema físico, de saúde ou mental debidamente documentado, como:
|
A persoa participante que requira de apoio á inclusión e cumpra os requisitos para obtela deberá enviar unha solicitude, como mínimo un mes antes do inicio da mobilidade a:
para estudantes KA131 por email: outgoing.rrii@udc.es ou riferrol@udc.es
para estudantes KA171 e persoal da UDC por email: iro@udc.es
En ningún caso, se admitirán solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do/da participante.
Guía de solicitude de “Apoio á inclusión”: https://sepie.es/doc/educacion-superior/documentos/guia_solicitud_apoyo_inclusion_ka131_ka171_2023.pdf
Solicitude: Os estudantes ou persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior poderán presentar por correo electrónico unha solicitude de axuda para apoio á inclusión á Oficina de Relacións Internacionais e deberán achegar coa a súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, e a documentación xustificativa do gastos reais previstos por partidas de:
Concepto orzamentario |
Razón/Descripción |
Documentos xustificativos |
Importe en euros (incluindo decimais, se procede) |
Transporte especial/adaptado no país de acollida |
|
|
|
Acompañantes |
|
|
|
Servicios profesionais |
|
|
|
Visitas preparatorias |
|
|
|
Outros gastos específicos derivados da discapacidade acreditada do participante |
|
|
|
|
|
TOTAL |
0 € |
A solicitude deberá enviarse en todo caso, un mes antes do comezo da mobilidade do participante individual a:
para estudantes KA131 por email: outgoing.rrii@udc.es ou riferrol@udc.es
para estudantes KA171 e persoal da UDC por email: iro@udc.es
En ningún caso, se admitirán solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.
Guia de solicitude de apoio á inclusión publicada polo SEPIE para proxectos KA131 ou KA171_2022
Solicitude: Os estudantes ou persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior poderán presentar por escrito unha solicitude de axuda para apoio á inclusión á Oficina de Relacións Internacionais (email: outgoing.rrii@udc.es o riferrol@udc.es) e deberán achegar coa a súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, e a documentación xustificativa do gastos reais previstos por partidas de:
Concepto orzamentario |
Razón/Descripción |
Documentos xustificativos |
Importe en euros (incluindo decimais, se procede) |
Transporte especial/adaptado no país de acollida |
|
|
|
Acompañantes |
|
|
|
Servicios profesionais |
|
|
|
Visitas preparatorias |
|
|
|
Outros gastos específicos derivados da discapacidade acreditada do participante |
|
|
|
|
|
TOTAL |
0 € |
A solicitude deberá enviarse en todo caso, antes do 15 de outubro de 2022 para as mobilidades de estudantes KA131. En ningún caso, se admitirán solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.
Guia de solicitude de apoio á inclusión publicada polo SEPIE.
PARA MOBILIDADES A PAÍSES DO PROGRAMA ERASMUS+ (KA103 e KA107)
Solicitude: Os estudantes ou persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior deberán presentar por escrito unha solicitude de axuda especial ou adicional para necesidades especiais á Oficina de Relacións Internacionais (email: iro@udc.es) e deberán achegar coa a súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, e no seu caso, a documentación requirida para axudas adicionais.
A solicitude deberá enviarse un mes antes do comezo da mobilidade do participante, e en todo caso, antes do 28 de febreiro de 2022 para as mobilidades de estudantes KA103 e 15 de marzo de 2022 para as mobilidades de estudantes KA107. En ningún caso, se admitirán solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.
PARA MOBILIDADES A PAÍSES DO PROGRAMA ERASMUS+ (KA103 e KA107)
Información sobre necesidades especiais Erasmus+ 2020/21
Solicitude: Os estudantes ou persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior deberán presentar por escrito unha solicitude de axuda especial ou adicional para necesidades especiais á Oficina de Relacións Internacionais (email: iro@udc.es) e deberán achegar coa a súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, e no seu caso, a documentación requirida para axudas adicionais.
A solicitude deberá enviarse un mes antes do comezo da mobilidade do participante, e en todo caso, antes do 28 de febreiro de 2021 para as mobilidades de estudantes KA103 e 15 de marzo para as mobilidades de estudantes KA107. En ningún caso, se admitirán solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.