Procedemento de solicitude

Procedemento de solicitude

Estudante entrante, nesta ligazón atoparás todos os documentos necesarios para solicitar unha mobilidade internacional.
Máis información

Asociacións de estudantes

Asociacións de estudantes

Xestionadas por e para estudantes, co obxecto de proporcionar distintas actividades, axuda e servizos, as asociacións de estudantes internacionais son a parte representativa dos ditos estudantes nos campus universitarios, axudándoos a que a súa experiencia como estudantes internacionais se converta en sinónimo de éxito.

Na Universidade da Coruña podes atopar:
AEGEE Coruña
ESN Coruña

Prácticas na Oficina de Relacións Internacionais

Andras Sajo, Hungría.
Prácticas Erasmus xuño-setembro 2019

"É o meu segundo Erasmus, pero o primeiro en prácticas. Estou moi contento de ter elixido A Coruña.Traballar na ORI fai que os meus días sexan máis felices, xa que traballo con colegas moi amables e útiles. Melloro as miñas habilidades durante o día e disfruto da vida española nunha fermosa cidade pola tarde! Se vés aquí para facer unhas prácticas Erasmus, non te arrepentirás!"

Roberta Pomponi, Italia
Prácticas Erasmus xuño-setembro 2019

"Estou a disfrutar traballando e aprendendo na ORI xa que isto está a axudar ao meu crecemento profesional e persoal. Ademais, cada persoa na oficina non foi máis que amable e paciente ao explicarme as miñas tarefas. Estou a vivir unha experiencia moi bonita na Coruña."

Richard Claviere, France
Prácticas Erasmus xuño-setembro 2019

"Estas prácticas son unha boa experiencia laboral, xa que me enfrento a novas tarefas. Cada membro do equipo axudoume desde o principio, e a cidade da Coruña recibiume cos brazos abertos."