Oferta académica

Oferta académica

Máis de 100 titulacións de graos, másteres e doutoramentos a elexir na maioría dos campos de coñecemento. Todos eles adaptados ao sistema ECTS e oficialmente recoñecidos en todo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Grao
Máster
Doutoramento

Estuda en inglés

Estuda en inglés

Para os estudantes internacionais os cursos en inglés son unha oportunidade para estudar nun país diferente e aprender de xeito cómodo. Para os que queren estudar na UDC, e prefiren facelo en inglés por non se sentiren seguros para estudar en castelán ou galego, ou porque queren aprender dous idiomas, presentamos a nosa oferta académica en inglés. Máis información

Estudos internacionais

Estudos internacionais

Tendo en mente a cada vez maior demanda e o progreso da globalización, a Universidade da Coruña ofrece titulacións internacionais no marco de acordos bilaterais con outras institucións. Estas titulacións proporciónanlles aos estudantes a capacidade de mellorar a súas oportunidades e desenvolver a súa carreira profesional. Máis información

Programas study abroad

Programas study abroad

A Universidade da Coruña mantén acordos con institucións estranxeiras co fin de organizar programas específicos de Study Abroad para estudantes internacionais

Xestión Educativa Consultores
Programa Holy Cross
Linguistic Horizons

Centro de Linguas
O Centro de Linguas, un punto de encontro dinámico na nosa tamén dinámica institución, ofrece a oportunidade de aprender español como idioma estranxeiro tanto aos estudantes que nos visitan durante o ano académico como aos que só permanecerán por períodos máis breves de tempo. O centro tamén ofrece cursos de inglés, alemán, francés, italiano e portugués. Máis información

Servizo de Normalización Lingüística
Galicia ten unha lingua propia: o galego. O Servizo de Normalización Lingüística organiza cada verano un curso de galego para estranxeiros que inclúe diversos obradoiros e visitas guiadas pola cidade. Asemade, este servizo está presente, xunto coas outras dúas universidades galegas, na organización dun curso intensivo de lingua galega para estudantes entrantes. Máis información