Libre movilidad

A normativa aplicable para a libre mobilidade é a seguinte:

Regulamento sobre mobilidade internacional de estudantes versión consolidada a feb. 2015 (aprobado 20/12/12, modificado 27/02/14 e 29/01/15)

Do procedemento para a solicitude e concesión da modalidade de estudante de libre mobilidade
Artigo 10. Requisitos xerais para o estudantado de libre mobilidade
Os estudantes que desexen realizar unha estadía internacional fóra da oferta de prazas de intercambio deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Os esixidos no art. 7 deste Regulamento para todos os estudantes de intercambio. Respecto ao que se establece no art. 7.1.c), ao estudantado de libre mobilidade se lle aplicarán os mesmos requisitos lingüísticos que os esixidos para os estudantes que participen na convocatoria de mobilidade internacional do ano no que se vai realizar a estadía.
b) A estadía deberá realizarse nun centro distinto daqueles que forman parte da oferta ordinaria para mobilidade de estudantes no centro de procedencia do estudante.
c) Os estudantes deben dispor dunha carta de admisión na institución de destino para realizar os estudos que solicita ou do correspondente resgardo de matrícula. No caso de non ter este resgardo, a carta de admisión deberá expresar que o estudante foi admitido na universidade de destino a título persoal e á marxe de calquera relación existente ou futura entre ela e a UDC. Ademais deste documento, o estudante deberá achegar unha relación das materias que vai cursar na institución estranxeira co programa completo de cada unha delas para o efecto de que a persoa responsable de relacións internacionais do centro poida valorar debidamente a solicitude.
d) Contar cun documento de recoñecemento académico en que conste a conformidade do/a responsable de relacións internacionais do centro en que curse os seus estudos na UDC quen, á súa vez, deberá contar co consentimento da comisión competente para aprobar as táboas de recoñecemento académico. Os centros poderán, se o estimaren oportuno, establecer notas informativas en que sinalen as condicións académicas de carácter obxectivo que estimen precisas para a concesión das prazas de libre mobilidade.
En todo caso, os estudantes de libre mobilidade estarán suxeitos ás restricións en canto ao número de estadías por titulación establecidas no apartado 2 do artigo 7.


Modelos a utilizar para solicitar a libre mobilidade:

Unha copia impresa en papel da solicitude, deberá presentarse no Rexistro da UDC e dirixida à vicerreitoría competente en materia de relacións internacionais da UDC, cando menos, cun mes de antelación á data de inicio da mobilidade,

Modelos a utilizar cando a mobilidade estea concedida pola UDC e antes do inicio da estadía

Modelos a utilizar para finalizar e xustificar a estadía final