
A Oficina de Cooperación e Voluntariado ten unha das súas sedes no Campus de Elviña, A Coruña. Dende ela coordínanse varios proxectos de voluntariado con diferentes poboacións, algúns deles lévanse a cabo en colaboración con diferentes entidades do ámbito social local.
Os proxectos de voluntariado que se coordinan dende a OCV da Coruña son os que seguen a continuación:
Proxectos no ámbito sanitario
Proxectos con menores e adolescentes
Proxectos con poboación sen teito
Proxectos con persoas con diversidade funcional
Proxectos de sensibilización