Proxecto no barrio de O Portiño

Proxecto de voluntariado en O Portiño

 

Neste barrio residen familias con poucos recursos económicos, polo que as súas posibilidades de conseguir unha vivenda digna son reducidas e os seus recursos económicos non melloran.
As nenas e nenos destas familias atopan dificultades maiores ca outros nos seus respectivos procesos de socialización. Nalgúns casos a infancia, precisa dun reforzo educativo coa intención de acometer actuacións paliativas das situacións de desvantaxe social e educativa. Dende a acción voluntaria enténdese o proceso educativo como unha forma de prevención cara o futuro.

 

Este proxecto, xunto co das Rañas, é propio e xestionado pola OCV. Foi proposto e posto en marcha polo propio voluntariado, motivados pola detección desta necesidade no Portiño. As actividades que se desenvolven nestes proxecto  están orientadas á integración social dos rapaces en idade escolar e a fomentar o ocio educativo en relación aos seus hábitos cotías.