Proxecto de voluntariado E agora que?

 

Reunión equipo E agora qué?Este proxecto xorde da necesidade sociolaboral das persoas que viven no centro de acollida de Bañobre, e que unha vez acadan a súa adolescencia teñen que comezar a desenvolver unhas expectativas de emancipación persoais. Este proxecto nace no ano 2012 como resposta a unha necesidade detectada polas propias persoas voluntarias do Proxecto de Colaboración no centro de acollida de menores de Bañobre.
As persoas voluntarias levan a cabo un programa de seguimento e de orientación cos adolescentes do Centro que trata de ser unha “fase ponte” cara a saída do mesmo, onde os plans de acceso á vivenda, a orientación laboral, a continuidade da formación académica, etc. tratan de ser as ferramentas esenciais de empoderamento.