Recoñecemento académico e requisitos propios - Escola Politécnica Superior
Requisitos para participar en programas internacionais de mobilidade.
No momento de presentar solicitudes:
- Ter o primerio curso da carreira aprobado.
- Ter un máximo do 25% dos créditos do 1º ciclo pendentes:
- Enxeñería Industrial, máximo de 44 créditos pendentes.
- Enxeéría Naval e Oceánica , máximo de 53 créditos pendentes.
No momento da adxudicación definitiva:
Ter o primeiro ciclo aprobado, agás 6 créditos, para Enxeñería Industrial, e agás 12 créditos, para Enxeñería Naval e Oceánica, en ambolos dous casos, con todo primeiro aprobado.
Compromiso
O alumno realizará o equivalente a un curso completo na universidade coa que se estableza o acordo.
Procedemento
- Establecer un convenio de colaboración entre a UDC e a universidade de destino.
- Proposta da comisión de convalidacións do centro sobre as materias a cursar polo alumno para o curso (4º ó 5º)que vaia a realizar na universidade de destino.
- A citada proposta realizará se en base ás análises dos planos de estudios da UDC e da universidade de destino.
Tomará se como base de convalidación o curso a realizar (4º ó 5º) admitíndose un máximo de un 25% dos créditos diferentes ós do curso a realizar.
- A comisión de convalidacián é quen fixará , no caso de que fora preciso, as materias a cursar polo alumno en substitución das do curso que vaia a realizar como consecuencia de te-las xa cursadas na UDC.
Para que poda ser convalidado na UDC o curso realizado na universidade de destino terase que ter superados a totalidade das materias previamente fixadas pola comisión de convalidacións.
A cualificación que figurará no expediente do alumno obterase por equivalencia coas obtidas polos seus compañeiros de curso na universidade de destino o comparalas coas dos alumnos da UDC.
Si a cualificación global da universidade de destino está entre o 20% da mais altas culificacións, se asignara no expediente unha cualificación de sobresaliente , se está no 30% seguiente, a cualificación será de notable e estando comprendida no 50% restante será de aprobado.