A normativa aplicable para a libre mobilidade é a seguinte:
Regulamento da UDC sobre mobilidade internacional
Procedemento para a solicitude e concesión da modalidade de estudante de libre mobilidade:
Artigo 19. Requisitos xerais para o estudantado de libre mobilidade
A estadía deberá realizarse nun centro distinto daqueles que forman parte da oferta ordinaria para mobilidade de estudantes no centro de procedencia do estudante.
Os estudantes deben dispor dunha carta de admisión na institución de destino para realizar os estudos que solicita ou do correspondente resgardo de matrícula.
Contar cun documento de recoñecemento académico en que conste a conformidade do/a responsable de relacións internacionais do centro en que curse os seus estudos na UDC quen, á súa vez, deberá contar co consentimento da comisión competente para aprobar as táboas de recoñecemento académico.
En todo caso, os estudantes de libre mobilidade estarán suxeitos ás restricións en canto ao número de estadías por titulación establecidas no artigo 16.2.
Artigo 20. Solicitude e resolución
Modelos a utilizar para solicitar a libre mobilidade:
Unha copia impresa en papel da solicitude, deberá presentarse no Rexistro da UDC e dirixida à vicerreitoría competente en materia de relacións internacionais da UDC, cando menos, cun mes de antelación á data de inicio da mobilidade,
Modelos a utilizar cando a mobilidade estea concedida pola UDC e antes do inicio da estadía
Modelos a utilizar para finalizar e xustificar a estadía final