ParticipARTE interxeracional UDC

8/11/19 14:54
  • Cultural e social Orzamentos participativos
ParticipARTE interxeracional UDC

Orzamentos participativos de cultura 2019

ParticipArte Interxeracional UDC desenvolverá accións artísticas para activar procesos participativos de codeseño e cocreación facilitados polo Colectivo Oasis Monte Alto. O propósito é converter o espazo exterior do edificio da NORMAL nun escenario significativo para a aprendizaxe e a convivencia interxeracional entre o alumnado das facultades da UDC e o alumnado da Universidade Sénior.

Sesión de dinamización:
Martes 5 de novembro
10:30 h - 1.ª sesión Facultade de Ciencias da Educación, salón de graos
11:00 h - 2.ª sesión Universidade Sénior, aula A-2

Acción de co-deseño:
Martes 12 de novembro
17:00 h - 1.ª sesión de Co-deseño, Universidade Sénior, aula A-2

Martes, 19 de novembro
17:00 h - 2ª sesión de Co-deseño, Universidade Sénior, aula A-2

Intervención:
Venres 29 e sábado 30 de novembro
10:00 - 18:00 h - Intervención artístico-participativa na contorna da NORMAL

Coordinación: Mar Rodríguez-Romero
Secretaría: Ana González García

Publicado por: Cultura