Intermodal

14/11/19 12:20
  • Cultural e social Orzamentos participativos
Intermodal

Orzamentos participativos de cultura 2019

Intermodal é un Proxecto multidisciplinar e participativo, coordinado por patricia carballal e julio quintas.

Co estudo da desigualdade de xénero como punto de partida, trataremos os mitos sobre o xénero e a aparición das "novas masculinidades", a través de catro disciplinas: teatro, música, urbanismo e danza.

Todos os mércores desde o 27 de novembro até o 18 de decembro de 2019.

Dinámica teatral: Á espera dos novos homes
27 de novembro
De 18:00 h a 20:00 h

Sen ti non son nada: Dinámica a través do karaoke
4 de decembro
De 18:00 h a 20:00 h

Xénero e urbanismo: Dinámica sobre planificación urbana e territorio
11 de decembro
De 18:00 h a 20:00 h

Baila, baila bendito: Sesión de danza con DJ
18 de decembro
De 18:00 h a 20:00 h

Inscricións de balde até completar 20 prazas en:

normal.comunicacion@udc.gal
telef. 881 014518 | 881 014511 (quenda de tarde)

Publicado por: Cultura

Novas relacionadas (8)