A Clementina da Asociación Cultural Falcatruadas Teatro

20/11/19 10:08
  • Cultural e social Orzamentos participativos
A Clementina

Orzamentos participativos de cultura 2019

Benvido a Metonariz, a rede social máis estendida do mundo actual. Dende Metonariz poderás ver todo o que ven, saber todo o que pensan e sentir todo o que senten todos os teus contactos. Grazas por escoller Metonariz.

A Asociación Cultural Falcatruadas Teatro presenta a súa segunda obra orixinal, A Clementina. Trátase dunha adaptación moderna de La Celestina que satiriza as redes sociais (a nosa obra, a medieval non). Esta obra expresa temas universais como o amor, o erotismo e o poder dende a analoxía do mundo dixital. Metonariz permitirá seguir a historia de amor de Calipo e Melindrea, dúas rapazas con moito “calentón” e pouco sentidiño, e a historia da Clementina co seu pasado protexido, Ares.

Esta é a segunda obra orixinal (que si, é parodia de Rojas, pero o guión é noso!) de Falcatruadas Teatro, despois de O chiste final, unha obra de creación colectiva. A Clementina está escrita por Irene Riveiro González baixo a atenta supervisión e corrección dos demais membros e está co-dirixida por todos os membros da Asociación. As pezas musicais que inclúe son tamén orixinais.

Obradoiro de teato
28 de novembro de 2019 en NORMAL
Ás 19:00 h
Só tedes que mandar un correo a falcatruadasteatro@gmail.com co voso nome e apelidos.
Non importa o voso nivel, o obxectivo de pasalo ben facendo teatro!

Representación
5 de decembro de 2019 en NORMAL
As 19:00 h

A entrada é de balde

Publicado por: Cultura

Novas relacionadas (8)