Danza, artes e integración

17/10/19 14:02

  • Artes vivas Orzamentos participativos

Orzamentos participativos de cultura 2019

A danza e as artes para traballar a Comunicación, os roles de xénero, a diversidade sexual, afectiva e/ou funcional, as diferentes maneiras de ser/estar, moverse e sentir, establecendo nexos e novas formas e pontes de comunicación, co corpo, a danza, a palabra, a escrita, a música, a plástica, onde iremos creando, expresándonos, interactuando, abríndonos, relacionándonos e construíndo e construíndonos, mellor, máis solt@s e libres.

Cuestionándonos o que está ben e o que nos sobra, o sobra; reconsiderando formas, valores, estares, movementos, expresións a través da aprendizaxe da danza como fío condutor (contact, feldenkrais, danzaterapia) e co apoio da música que crearemos, a fotografía e os obxectos e obras plásticas que construiremos, xunto coa palabra inventada ou utilizando textos de autores.

Traballamos a conciencia do espazo, de corpos, de movementos e ritmos a través do corpo e a danza, de comunicación entre estes e as súas relacións; a construción dunha danza común, a observación das diferentes comunicacións, ritmos e a concatenación e diálogo entre eles.

Fomentamos a escoita activa a sensibilidade, a comunicación e a resolución de diferentes situacións e conflitos coa palabra e o corpo. Usamos metodoloxías plásticas e musicais; construímos unha música e elementos artísticos.

Datas: Todos os mércores do 30 de outubro ao 18 de decembro
Lugar: na Aula de Danza de NORMAL
Horario: de 19.30h a 21.30h Todos os mércores, do 30 de outubro ao 18 de decembro, de 19.30h a 21.30h

O 18 de decembro haberá unha performance.

Matrícula de balde.

Inscricións en:
marsanchezfraga@hotmail.com

Esta actividade está financiada a través da convocatoria de Orzamentos Participativos de Cultura da UDC

DepCor_bn_vert.png_659878398

 

 Cartaz

Publicado por: Cultura

Novas relacionadas (8)