O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumnado para expresarse de xeito oral e por escrito en cualquera contexto e coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación: escritos, audiovisuais e multimedia.
Explicaránse os principais fitos históricos da televisión, a radio e a multimedia desde o seu nacemento.
Xunto cos avances destes medios a nivel mundial, farase fincapé na súa evolución en España e en Galicia e nos principais programas da televisión desde a súa orixe.
Introducción aos fundamentos físicos e lóxicos dos medios audiovisuais, ás fontes de contidos e ao seu procesamento, aos diferentes formatos e estándares, e ás diferentes redes de distribución deste tipo de contidos.
Composición Gráfica. Aproveitamento dos medios, recursos, técnicas e procesos da creación e expresión da imaxe dixital.
O estudo das industrias culturais pretende mostrar ao alumnado que a cultura ten tamén unha importante dimensión económica, empresarial e tecnolóxica. Dentro das industrias culturais adóitase incluír a televisión, a radio, o cinema, os diarios e revistas, os libros, a música, os contidos da internet, os videoxogos e a publicidade. Todas estas son actividades cuxo principal obxectivo é comunicarse cunha audiencia, crear textos.
Desde finais do século XX as tecnoloxías de base dixital propiciaron un revolucionario proceso de converxencia nestas industrias, e diluíron as súas tradicionais diferenzas como soportes de textos.
Os cambios que estamos a vivir, e os que chegaremos a ver, transformaron a maneira como os humanos nos comunicamos a través dos medios, así como a función e organización destas institucións na sociedade.
Estudiarase a evolución do cinema e da animación dende as súa orixe ata hoxe en día. Dende unha perspectiva diacrónica o alumnado analizará a progresión do cine tanto a nivel mundial, como español e galego.
Este estudo farase visionando os principais filmes da historia do cinema e situándoos no seu contexto. O obxectivo é dotar ao alumnado dunha cultura audiovisual básica para os estudos posteriores.
Recoméndase ter cursado Historia da radio, a televisión e a multimedia.
A materia introduce ao alumnado nos principios fundamentais da creación de imaxes sintéticas en 3D, abarcando de forma integrada o Modelado, o Shading, a Iluminación e o Renderizado de escenas tridimensionales.
A través dun enfoque progresivo e práctico, explóranse as ferramentas e técnicas esenciais para a produción de gráficos xerados por computador, poñendo especial énfase nos fluxos de traballo profesionais e a comprensión visual dos procesos implicados.
A aprendizaxe desenvolverase empregando o software Autodesk Maya e Arnold como motor de renderizado.
O audio e a música son dous compoñentes fundamentais na comunicación audiovisual.
Nesta materia, proporciónase ao alumnado o coñecemento e a experiencia nos múltiples procedementos e medios técnicos utilizados na creación, produción, edición e integración de audio e música en distintos produtos.
Os obxectivos xerais da materia son:
Proporcionar ao alumnado os coñecementos indispensables sobre as normas básicas do Dereito da Información e Comunicación, coa finalidade de facilitar criterios válidos de actuación no exercicio da profesión de comunicación audiovisual.
Expoñer os principios, os contidos e os límites no exercicio dos dereitos e as liberdades constitucionais sobre comunicación audiovisual na sociedade democrática.
Situar ao alumnado no marco xurídico no que vai desenvolverse a súa profesión mediante o estudo dos dereitos e deberes dos profesionais da comunicación, e, en particular, no réxime xurídico da produción audiovisual.
Coñecer a estrutura e o réxime xurídico das empresas e dos distintos medios audiovisuais no marco da sociedade da información e do coñecemento.
Na época da sociedade da información e os medios de expresión dixitais, a creación e o arte súmanse ó campo das tecnoloxías como medio de xeración de contidos, soporte da visualización e incluso caudal de distribución ou difusión. Desta maneira, a computadora persoal converte-se no elemento clave do novo estudo do autor. Moitos dos procesos creativos ou de transformación baséanse no seu emprego.
O bo uso e mantemento destas computadoras é fundamental para o correcto desenvolvemento das posibilidades artísticas. Por descoñecemento ou falsas crenzas, unha máquina pode ser infrautilizada, imposibilitando o rendemento óptimo e provocar frustración no creador.
Nesta materia explicaremos os conceptos básicos de informática aplicada a un catálogo de boas prácticas e consellos de posta a punto, así como ferramentas para optimizar as súas tarefas, con especial atención ó uso e manexo polo creador audiovisual de: ferramentas para a documentación e presentación de contidos, bases de datos, manexo avanzado de Internet, contidos dixitais multimedia e a súa distribución, etc.
Sector audiovisual ofrece ao alumnado os coñecementos específicos sobre o funcionamento institucional, económico e político do sistema audiovisual e dos actores que o integran (administración, empresas, soportes e audiencias). Preténdese unha aproximación ao sector audiovisual como industria.
Os profesionais da comunicación audiovisual necesitan saber como operan e se interrelacionan os medios, as tecnoloxías e os produtos nun campo de actividade económica de crecente peso e influencia.
Recoméndase ter cursado Historia da radio, a televisión e a multimedia e Comunicación e industrias culturais.
Os obxectivos da materia fundaméntanse en:
Conseguir do alumnado, futuros graduados en Comunicación Audiovisual, un nivel de coñecementos axeitado que lles permita coñecer e afondar no alcance da xestión da empresa audiovisual, así como a aplicación das diversas técnicas propias da xestión empresarial.
Adquirir os coñecementos esenciais, tanto teóricos coma prácticos, sobre a organización, xestión, comercialización e financiamento das empresas audiovisuais.
Manexar os conceptos básicos que interveñen na creación e desenvolvemento de empresas audiovisuais.
Coñecer na práctica, mediante o estudo e análise de casos reais, as citadas técnicas de xestión das empresas audiovisuais.
A finalidade principal da asignatura Publicidade audiovisual é coñecer os principios teórico-prácticos da comunicación publicitaria para afrontar a elaboración das súas mensaxes.
Recoméndase ter cursado Comunicación e industrias culturais.
O profesional da comunicación ten enormes posibilidades de desenvolvemento profesional non só nos medios de comunicación, senón tamén nos departamentos de comunicación das organizacións (tamén chamados gabinetes de comunicación). As empresas e institucións necesitan cultivar as relacións cos seus públicos (externos, intermedios e internos) para mellorar a súa imaxe e a xestión da organización. Na actualidade, os medios interactivos e audiovisuais teñen cada vez máis importancia e é preciso contar con profesionais que dominen todas as súas posibilidades expresivas.
Esta materia impártese en segundo curso de grao unha vez que se alcanzaron coñecementos básicos e comézase a tomar contacto cos grandes campos profesionais da comunicación: o xornalismo, a publicidade, a ficción, os formatos de televisión e o deseño. Mantén unha especial relación coa materia Publicidade audiovisual por compartir o código comunicativo da persuasión e coa materia de terceiro curso Análise audiovisual porque posúe un enfoque esencialmente práctico inseparable do efecto social da súa mensaxe, é dicir, a comunicación corporativa pretende obter un determinado efecto na súa audiencia sen o cal carece de sentido.
Recoméndase ter cursado Comunicación e industrias culturais e Comunicación oral e escrita.
Códigos, procesos e roles profesionales na ficción audiovisual actual.
Recoméndase ter cursado Historia do cine e da animación.
A finalidade principal da materia Estudo da Audiencia é coñecer o sector audiovisual desde o punto de vista dos receptores.
Para iso estúdanse e analízanse as principais técnicas de investigación de audiencias, tanto as cuantitativas coma as cualitativas.
Recoméndase ter cursado Historia da radio, a televisión e a multimedia.
Documentais, reportaxes, entrevistas, novas e informativos: cómo se fan.
Recoméndase ter cursado Historia da radio, a televisión e a multimedia, Dereito e Sector audiovisual.
Esta materia inicia ao alumnado nos principios básicos do deseño imprimido e dixital. Impártese como remate do proceso de aprendizaxe iniciado na materia de primeiro curso Expresión Gráfica.
Recoméndase ter cursado Expresión gráfica.
O audio e a música son dous compoñentes fundamentais na comunicación audiovisual.
Nesta materia, proporciónase ao alumnado o coñecemento e a experiencia nos múltiples procedementos e medios técnicos utilizados na creación, produción, edición e integración de audio e música en distintos produtos.
O obxectivo da materia é coñecer tanto os fundamentos como as ferramentas necesarias asociadas a dous aspectos moi importantes hoxe en día en numerosos proxectos audiovisuais: a creación web e o manexo de información multimedia.
Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia de ferramentas que facilitan o deseño e permiten a optimización do material a publicar, sen esquecer os aspectos teóricos e de fundamentos.
Recoméndase ter cursado Informática audiovisual.
A elaboración do guión é o paso previo imprescindible en calquera procedemento de produción audiovisual. Nesta asignatura, o alumnado introducirase nas técnicas, estratexias e formatos necesarios para desenvolver a súa faceta de guionista.
Recoméndase ter cursado Historia do cine e da animación e Ficción audiovisual.
No actual panorama audiovisual os contidos sitúanse no máis alto da cadea de valor.
O obxectivo desta asignatura é que o alumnado:
Se familiarice coa análise das grellas de programación e cos novos deseños de programación de contidos audiovisuais nun entorno multiplataforma
Identifique e analice a casuística de cada un dos xéneros audiovisuais
Coñeza o proceso de ideación e creación de formatos
Descubra os mecanismos de comercialización e adaptación dos formatos audiovisuais
Analice o proceso de converxencia do sistema audiovisual
Coñezca e investigue os novos contidos que se están producindo para os soportes emerxentes.
A materia afonda nas diversas teorías e técnicas existentes no eido da información e a comunicación para ofrecer unha base sobre a que artellar a análise profesional de calquera obra audiovisual.
O obxectivo desta asignatura é o de aprender os fundamentos do traballo dun director de fotografía, e crear contidos fotográficos e cinematográficos de calidade técnica e estética.
Recoméndase ter cursado Ficción audiovisual, Análise audiovisual e Deseño de produción e dirección artística.
O propósito da materia é formar aos alumnos nos rudimentos técnicos da edición de vídeo ao tempo que complementar e afondar na súa formación na linguaxe audiovisual.
Recoméndase ter cursado Publicidade audiovisual, Ficción audiovisual e Guión.
Desenvolvemento de contidos 3D para a xeración de imaxes estáticas ou en movemento. Modelado 3D e mapeado de texturas.
O Deseño de produción é o departamento que determina o contido visual e estético dun proxecto audiovisual. Toma tódalas decisións sobre a forma, o color, o tratamento e en definitiva, o estilo plástico da produción, traballando en estreita relación co director.
Este profesional é necesario en grandes producións onde participan distintos equipos que desenrolan os decorados, ambientación e persoxes, coordinados a su vez polos seus respectivos Directores de Arte, Deseñadores de Vestiario e Caracterización, garantindo así que todos eles sexan fieles á estética xeral previamente deseñada. En producións mais modestas, normalmente so existe a figura do Director de Arte.
Recoméndase ter cursado Expresión gráfica, Deseño aplicado e Guión.
Desenvolvemento de contidos 3D realista. Coñecemento técnico e dominio do proceso de xeración de imaxes sintéticas. Técnicas de iluminación global e efectos atmosféricos. Características e uso das cámaras na infografía 3D.
Recoméndase ter cursado Dirección de fotografía: Cámara e iluminación, Teoría e práctica da edición e a montaxe, Infografía 3D-1 e Deseño de produción e dirección artística.
Nos últimos anos apreciouse a masiva utilización de contido multimedia estático e interactivo dentro da WWW. Nesta materia impártense coñecementos básicos que permitirán ao alumnado crear material multimedia, incluíndo a creación de banners publicitarios, videoxogos e contido interactivo.
Recoméndase ter cursado Fundamentos tecnolóxicos dos medios audiovisuais, Informática audiovisual e Informática para a creación de web e vídeo.
Ambientación Sonora y Musical constitúe unha materia de interese para a formación de los futuros titulados en Comunicación Audiovisual debido á relevancia que adquiere o son tanto no audiovisual convencional como no eido dixital e multimedia.
Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas; para manexar os códigos sonoros e da música no audiovisual e -máis concretamente- nos diversos xéneros e formatos, así como para abordar o deseño sonoro dunha peza audiovisual.
Recoméndase ter cursado Historia do cine e da animación, Audio, Guión, Análise audiovisual e Teoría e práctica da edición e a montaxe.
A materia de Estratexias de comunicación multimedia resulta de interese para a formación dos futuros titulados en comunicación audiovisual debido á relevancia que adquiren as novas formas de comunicación integradas a través de diversos medios no ámbito da cultura da converxencia.
Esta materia pretende dotar ao alumnado das ferramentas adecuadas para coñecer as características das mensaxes nas diferentes plataformas e pantallas, en especial no que se refire ao proceso de planificación, produción e avaliación dun proxecto transmedia.
Recoméndase ter cursado Comunicación corporativa, Ficción audiovisual e Guión.
Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web.
Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.
O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.
Asignatura na que se fai unha visión xeral do sector dos videoxogos e se explica o proceso de deseño e creación dos mesmos.
Recoméndase ter cursado Expresión gráfica, Sector audiovisual, Deseño aplicado, Guión e Deseño de produción e dirección artística.
O obxectivo da materia é coñecer o proceso de creación e xestión dun proxecto multimedia.
Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é que o alumnado experimente o proceso de creación dun proxecto multimedia realizado en grupo, que coñeza as características específicas da xestión e documentación deste tipo de proxectos mediante o desenvolvemento de vídeos interactivos.
Recoméndase ter cursado Informática para a creación de web e vídeo.
Terminoloxía e conceptos relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación. Aplicacións multimedia: texto, audio, imaxe, vídeo e interacción. Análise dos medios dixitais. Artigos de información xornalística e estruturas. Entrevistas, listaxes, estatísticas, reportaxes. Escribir e editar: "narrator or teller", "media forms and media language". Formas e convencións no inglés dos medios. Audiencias e institucións. Termos técnicos para analizar o proceso de redacción, edición e impresión. Códigos e convencións. Gramática: "10 common mistakes". Follas de estilo e puntuación.
Adquirense os coñecementos necesarios para crear, desenvolver e xestionar un produto audiovisual en todas as súas fases, dende a planificación inicial ata o plan de traballo, a estimación de custos, a xestión da produción ou os métodos de financiamento e operación.
Recoméndase ter cursado Comunicación oral e escrita, Estudo da audiencia e Deseño de produción e dirección artística.
Esta materia propón dar a coñecer os procesos de elaboración e creación de obras audiovisuais para televisión, así como os elementos básicos de narración.
Preténdese que o alumnado adquira os fundamentos teóricos e técnicos, así como as habilidades instrumentais suficientes para afrontar, desde o punto de vista narrativo e estético, a elaboración de productos audiovisuais.
Recoméndase ter cursado Guión, Dirección de fotografía: Cámara e iluminación, Teoría e práctica da edición e a montaxe, Deseño de produción e dirección artística e Ambientación sonora e musical.
A materia ten como obxectivo fundamental achegar ao alumnado ás técnicas e ferramentas básicas de posprodución, composición de video dixital, croma e integración de elementos virtuais 3D.
Recoméndase ter cursado Guión, Dirección de fotografía: Cámara e iluminación, Teoría e práctica da edición e a montaxe, Infografía 3D-1, Infografía 3D-2 e Ambientación sonora e musical.
Nesta materia introdúcese ao alumnado nos conceptos e técnicas básicas para a animación de obxectos tridimensionais.
Nela, o alumnado adquire xunto cos coñecementos teóricos a práctica na animación de obxectos ou personaxes non humanoides utilizando as diferentes técnicas existentes.
Recoméndase ter cursado Infografía 3D-1 e Infografía 3D-2.
Asignatura na que se aprende tanto a creación e desenrolo de personaxes tridimensionais complexos como a capacidade artística e técnica para a animación de ditos personaxes para a creación de secuencias audiovisuais.
Recoméndase ter cursado Infografía 3D-1, Infografía 3D-2 e Animación 3D-1.
A materia describe as distintas tecnoloxías de visualización 3D interactiva, a súa problemática específica e proceso de produción, así como a súa aplicación en ámbitos como a simulación en tempo real, os videoxogos ou os mundos virtuais.
Nela, o alumnado adquire xunto cos coñecementos teóricos a práctica na produción dun ámbito tridimensional interactivo mediante o uso de software de grande implantación na industria.
Recoméndase ter cursado Infografía 3D-1, Infografía 3D-2, Animación 3D-1, Animación 3D-2 e Videoxogos.
Uso de técnicas de infografía e animación 3D para a creación de efectos dixitais, tanto en producións de animación como de imaxe real.
Recoméndase ter cursado Infografía 3D-1, Infografía 3D-2 e Posprodución dixital.
Materia na que o alumnado terá a oportunidade de coñecer o estado actual do mercado das aplicacións para móviles, como se realiza un proxecto de app de principio a fin (dende a idea á saída ao mercado e seguemento) e levar a cabo o seu propio proxecto.
Recoméndase ter cursado Deseño aplicado e Obradoiro de creación multimedia.
Nesta materia repasarase a evolución da comunicación editorial desde as publicacións en papel ata o actual soporte móbil. Tamén se analizasen as posibilidades creativas, narrativas e visuais dos novos soportes, así como os distintos dispositivos dispoñibles.
Para finalizar, partindo do UCD (Deseño Centrado no Usuario) e atendendo a criterios de usabilidade, cada estudante deseñará a súa propia publicación dixital.
Recoméndase ter cursado Deseño aplicado e Obradoiro de creación multimedia.
Esta materia propón analizar o complexo mundo da animación en factores básicos controlables e entendibles polo estudante, de maneira que aprenda a comunicar a través da animación de personaxes dotándoo de humanidade e emocións.
Recoméndase ter cursado Infografía 3D-1, Infografía 3D-2, Animación 3D-1 e Animación 3D-2.
O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que os futuros graduados en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional.
Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.
Recoméndase que o alumno teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a ésta.
O TFG consiste nun traballo no que o estudante demostra a súa capacidade de aplicar o coñecemento adquirido ao longo da carreira.
Pode ser director/a de TFG calquera profesor/a que imparta docencia no Grao de Comunicación Audiovisual.
A copia en DVD presentárase da seguinte forma:
Caixa das seguintes dimensións: 13,5 x 19 x 1,5
Na carátula da caixa do DVD deberán figurar os seguintes datos:
Nome da facultade
Titulación á que se opta
Nome e apelidos do alumno/a
Nome e apelidos do director/a do proxecto
Título do proxecto
Curso académico
Índice
O DVD estará impreso cos seguintes datos:
Título do proxecto
Nome e apelido do alumno/a
Curso