Se es estudante de Comunicación Audiovisual ou Creación Dixital, Animación e Videoxogos na UDC e queres achegarte ao ámbito profesional poderás desenvolver dous tipos de prácticas: curriculares e extracurriculares.
Son as que se realizan unha vez matriculado/a na materia de 4º de Prácticas. No caso de CAV as prácticas curriculares son optativas e deben ter 150 h (6 créditos), mentres en CDAV a duración é de 225 h (9 créditos) e son obrigatorias.
As prácticas curriculares pode obterse a través das ofertas de empresas que publica o centro no Campus Virtual das materias ou ben por iniciativa do alumno/a. Neste caso, só haberá que asinar o Convenio da empresa coa UDC (de ser preciso) e o proxecto formativo co alumnado seleccionado.
Unha vez rematada a estadía de prácticas, o alumnado terá que entregar no Campus Virtual o Informe do titor profesional e a súa memoria de prácticas para poder superar a materia.
Para desenvolver unha estadía de prácticas extracurriculares tes que estar matriculado en calquera dos graos no curso actual (de setembro a xullo) e contar co 50% dos créditos da titulación superados, sendo obrigatorio ter superados todos os de formación básica.
Normalmente este tipo de prácticas se realizan ou no verán (entre 3º e 4º curso) ou como ampliación das prácticas curriculares, podendo facer un total de 750 horas de prácticas (de ambos tipos) por curso académico.
Este tipo de prácticas ofértanse a través dun grupo de Team ao que podes apuntarte contactando coa Coordinadora de Prácticas da Facultade.
Vaca Films
Bambú Producciones
Portocabo
Coruña Estudio Inmersivo – Pedralonga
La Voz de Galicia
RTVE
Onda Cero Radio
Radio Pontevedra
Acariño Films
Miraveo
Corporación Radio e Televisión de Galicia
TV Salnés
Grupo La Región
Galician Brand Factory
Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia
Drum&Roll Studios
Melgo Cinema
Henfunk Studio
Algarabía Animación
Reclam
Influtrend
La 8 – Castilla y León TV
Tam Tam Gestión Creativa
López Casanegra Comunicación
Mala Herba Produccións
Sentidiño
Asubía Marketing
Etiqueta Negra
Iuni
Mundos Digitales
Festival Imaxinaria
Coruña Estudio Inmersivo – Pedralonga
Melgo Cinema
Acariño Games
Ao Norte
Albatros / David Fidalgo
Henfunk Studio
Maxina
Accucities
Antaruxa
Undodez
Polygone Vigo
Algarabía Animación
Digital Monster Collective
Imaxin|Software
videoxogo.gal
Mundos Digitales
Festival Imaxinaria
PhotoIlike
Alnobo
Testaferro
Difoosion
Se pertences a unha empresa ou entidade, e estás pensando en incorporar ao teu equipo um estudante das titulacións que se imparten no centro sexa en verán, xa durante o curso ponte en contacto coa Coordinadora de Prácticas da Facultade da Comunicación.