As Misións Comerciais en Feminino de Innovatia 8.3 son unha iniciativa dirixida a apoiar e visibilizar o emprendemento feminino no ámbito universitario. A través de estadías en universidades, centros de investigación e entidades receptoras, as participantes poden presentar os seus proxectos, recibir asesoramento especializado, crear redes de contacto e explorar novas oportunidades de colaboración, financiamento e crecemento profesional.