Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2022/2023, en títulos de grao e mestrado:

Instrución xeral: Non hai plan de continxencia. As guías docentes faranse tal e como as viñamos facendo antes da pandemia, contando cun escenario de presencialidade (obviamente, no caso das titulacións con modalidade de impartición presencial).
[Novo] No caso de títulos que se impartan en máis dunha modalidade, realizarase a guía docente para cada modalidade. En GADU verase a guía docente da materia para cada modalidade, con cadanseu código.
1.1. [Novo] Introducir as novas competencias “Tipo C: Transversais/Nucleares” e asignalas ás materias:
(Só para títulos novos e títulos modificados que incorporasen estas competencias na Memoria Verifica)
No Consello de Goberno do 31/05/2017 aprobáronse as novas competencias transversais para os títulos da UDC. Todos os títulos novos deben incorporalas (grados e mestrados). Até agora esas competencias segundo o procedemento para a elaboración das guías docentes e de titulacións, aprobado en Consello de Goberno o 28/6/2007, eran 8 e se denominaban "nucleares". O termo de “competencias nucleares”, que se definían como as común a todas as titulacións dunha universidade e que debían ser características do seu alumnado egresado, foi substituído polo de “competencias transversais”.
Ver información completa para facelo en https://www.udc.es/gl/cufie/GD/comp_trans
1.2. Asignar as competencias do título ás materias:
2.1. Novos apartados a cubrir na sección “Datos Identificativos”:
2.2. Observacións xerais para editar, modificar e confirmar as guías docentes
O profesorado das materias debe saber que ao entrar en GADU para elaborar as guías docentes dun novo curso xa visualiza unha copia das guías docentes do curso actual. Deste xeito, as guías que se visualizan do vindeiro curso son copia das guías docentes do curso actual. Polo tanto, o profesorado NON precisa e NON debe usar a función “Importar de” do panel de materias para cargar o contido das súas guías.
Para elaborar unha guía docente dun novo curso o profesorado debe valorar as seguintes situacións e proceder segundo se indica para cada caso:
1. Se non precisa facer cambios:
1.1. Só debe confirmar a guía docente. Para iso ten que ir ao “Paso 10: Confirmar guía docente”, premer “Enviar confirmación” e, unha vez que o semáforo se pon en amarelo, premer sobre a luz verde do semáforo.
2. Se precisa facer pequenos cambios:
2.1. Ir a cada un dos pasos da guía para facer os cambios necesarios.
2.2. Confirmar a guía docente.
3. Se a guía non está feita (está valeira por ser a materia dun título que inicia a súa implantación por primeira vez) ou está feita e vai cambiar todo o seu contido, neste caso ten dúas opcións:
3.1. Ben editar cada un dos pasos da guía para introducir o seu contido.
3.2. Ben utilizar a función “Importar de” do panel de materias para importar a guía docente doutra materia que ten a guía feita, xa que contén información que pode ser común a ambas materias (contidos, metodoloxías, atención personalizada, observacións da avaliación e/ou fontes de información). Neste caso, unha vez feita a importación, o profesorado sempre debe editar e completar os seguintes pasos da guía docente (xa que o seu contido é específico da materia en relación coas competencias propias da titulación): “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”, “Paso 4: Planificación”, “Paso 7: Avaliación”. Para os demais pasos importados (“Paso 3: Contidos”, “Paso 5: Metodoloxías”, “Paso 6: Atención personalizada”, “Paso 8: Fontes de información” e “Paso 9: Recomendacións”) o profesorado debe revisar estes apartados para facer os cambios necesarios ou confirmar o mesmo contido importado.
3.3. Logo debe confirmar a guía docente.
2.3. A contribución das metodoloxías e da avaliación ao desenvolvemento das competencias do título:
2.4. A avaliación e o “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:
Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.
En consonancia con estas normas, poderase recoller nas guías docentes seguindo as seguintes recomendacións:
2.5. Confirmación da guía docente en:
Nota importante: Para acceder á versión das guías anterior ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es). Na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en pdf as guías de todos os cursos.
A Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente coordina este proceso a través da coordinación de Guías Docentes do CUFIE, da que recibirán puntualmente a información e apoio necesario dende a súa web http://www.udc.es/cufie/GD, e a través do correo electrónico gadu@udc.es.
A Coruña, 1 de xuño de 2022
Nancy Vázquez Veiga
Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente