O perfil de ingreso non está ligado a ningunha das modalidades de bacharelato en concreto, senón que, pola contra, a presenza de estudantes de modalidades distintas como Artes e Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencias e Tecnoloxía resultará altamente beneficioso nunha titulación tan multidisciplinar como a que aquí se presenta.
O perfil de ingreso desexado ou recomendable para os estudos de Grao en Creación, Animación e Videoxogos é o seguinte:
O grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos forma aos seus estudantes nun amplo abanico de disciplinas que lles achegará un coñecemento xeneralista dos diferentes ámbitos que constitúen esta industria.
O sector da animación e os videoxogos conta con múltiples perfís profesionais nos que o estudante poderá desenvolver o seu talento específico.
Os criterios de admisión do Grao en Comunicación Audiovisual son os establecidos no Real Decreto 412/2014, e dos propios establecidos na normativa específica da Comunidade Autónoma, Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 24 de marzo de 2011, pola que se regulan as probas de acceso aos ensinos universitarios oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Os alumnos poderán cursar o grao previa superación das Probas de Acceso á Universidade (ABAU) levados a cabo pola Comisión Interuniversitaria de Galicia. As probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e xullo. Podes consultar os criterios e procedementos de admisión na web da CIUG.
No caso de que houbese unha demanda superior á oferta de prazas vixente (actualmente 50), dispoñeranse das mesmas ordenadas segun as notas obtidas na PAU.
Os requisitos de acceso ao Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos son, con carácter xeral, os establecidos polo RD 1393/2007, do 29 de outubro e o RD 412/2014, do 6 de xuño. Así, o artigo 3 do RD 412/2014 establece que poderán acceder aos estudos universitarios oficiais de Grao quen reúna algún dos seguintes requisitos:
A matrícula en estudos de grao e máster na UDC, comeza en xullo e acaba en outubro establecéndose cada ano un calendario.
Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual no SAPE.