Plan de estudos

A cronoloxía do plan de estudos do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos organízase de maneira que os estudantes adquiran progresivamente os coñecementos que lle permitan deseñar e desenvolver os diferentes contidos que se irán integrando dentro do proceso global de produción.

O plan de estudos divídese en catro cursos, cun total de 240 créditos ECTS que se distribúen en 8 cuadrimestres de 30 créditos cada un. As materias básicas e obrigatorias son de 6 créditos; as optativas son de 4.5 créditos, as prácticas externas ocupan 9 créditos e o Traballo Final de Grao ten unha carga de 12 créditos.

No primeiro curso comézase coas bases teóricas e unha visión global do proceso de produción de animación e videoxogos onde irán encaixando as diferentes pezas que se distribuen nas materias ó longo dos cursos. Ademais, o alumno iníciase coas bases artísticas e técnicas para a creación de contidos dixitais (debuxo, modelado, iluminación, programación), comúns tanto a producións de animación como videoxogos, que en cursos posteriores se especializarán para aplicalas a cada campo.

O segundo curso céntrase na produción de animación, de forma que se estuda o proceso completo dende a ideación hasta a montaxe dunha peza de animación. Ó finalizar o curso, os alumnos terán realizado un proxecto de animación completo, onde terán posto en práctica os contenidos de diferentes materias dentro da produción real.

O terceiro curso oriéntase á creación de contidos interactivos, especialmente videoxogos. Apoiándose en todos os coneñecementos e habilidades adquiridos nos cursos anteriores, profundízase nas diferentes tarefas que compoñen o deseño e desenvolvemento de videoxogos, finalizando cun proxecto xogable. Os conceptos utilizados en animación son adaptados á produción de videoxogos, co que se completa a visión xeral de ambas industrias analizando as súas similitudes e particularidades.

O cuarto e último curso oriéntase en tres dereccións. Por un lado, a especialización que decidirá o alumno mediante a elección de materias optativas, que complementan e amplían os contidos estudiados nos tres primeiros cursos. Por outra parte, a materia de empresa e emprendemento, xunto coas prácticas externas (ambas obligatorias) prepararán o alumnado para enfrentarse ó mundo profesional, xa sea mediante o autoemprego ou o traballo por conta allea.

Finalmente desenvolverase o Traballo Final de Grao (TFG) consistente nunha produción de animación ou un videoxogo. Dadas as características y a potencial escala dos proxectos a realizar, fomentarase a realización dos TFG no grupo, aunque admitirase a posibilidade de presentar traballos individuais.

Nos seguintes arquivos relacionados encontrará maior información sobre o Plan de Estudos: