Futuros estudantes

Futuros estudantes de grao

Achégate á UDC

Destinatarios e actividades

A visita ao campus da Universidade da Coruña ten como destinatario o alumnado da ESO (de 3º e 4º), do bacharelato e da formación profesional. Consta das actividades que se citan a seguir:

  • Sesión de benvida en que se presenta o campus e as actividades que se van desenvolver durante a visita. Tamén se entrega diverso material informativo.
  • Visitas guiadas ás escolas e facultades do campus en que se fai un percorrido polas instalacións e en que se proporciona información sobre as titulacións.

Obxectivos

Con esta actividade preténdese que o futuro alumnado universitario coñeza da man do profesorado e do alumnado universitario as titulacións de grao que se imparten na Universidade da Coruña, así como as escolas e facultades

Período de preinscrición

Data de preincrición desde o día 14/10/2013 ata o día 09/12/2013

Visita o teu campus. Tipos de visitas que se ofrecen:

  1. Guiadas
  2. Personalizadas a un centro ou titulación.
    As visitas para o curso académico 2013/2014 soamente serán os xoves e os venres no mes de febreiro por rama de coñecemento e no mes de marzo para as personalizadas. Exclusivamente para o alumnado de 2º curso de bacharelato e de 2º de formación profesional, cun máximo de 2 centros y 15 alumnos/as por titulación universitaria.
    Formulario de preinscrición á visita personalizada
    Avaliación da visita personalizada
     

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000