Rede de servizos de atención a persoas con discapacidade nas universidades
SAPDU (Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade nas Universidades) é un grupo de traballo que reune a técnicos dos servizos de atención a persoas con discapacidade de 57 Universidades Españolas e que traballa coa intención de desenvolver os seguintes obxectivos:
- Fomentar a colaboración dos diferentes servizos universitarios de atención aos estudantes con discapacidade.
- Propoñer actuacións de carácter transversal en materia de discapacidade que poidan ser asumidas polas distintas universidades.
- Propoñer, ás Administracións Educativas, a adopción de medidas para o cumprimento efectivo do regulado en materia de discapacidade.
- Propoñer pautas que orienten a incorporación efectiva e activa das persoas con discapacidade no conxunto da vida universitaria. Isto debe engadir as actividades docentes, investigadoras e de xestión, así como das extra-académicas, perseguindo a normalización da súa integración nas universidades, baixo os principios da igualdade de oportunidades, a accesibilidade universal e o deseño para todos.
- Promover, difundir e intercambiar boas prácticas.
- Impulsar o recoñecemento da atención á discapacidade nos distintos sistemas de avaliación das universidades e as súas diferentes actividades.
- Fomentar a colaboración do tecido social do ámbito da discapacidade na Rede de Servizos de Apoio a Persoas con Discapacidade na Universidade.
Para máis información, consultar a páxina web da Rede SAPDU