Julio E. Abalde Alonso

Reitor

É reitor da Universidade da Coruña desde 2016. Presidente da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas CRUE-Xerencias. Presidente da CIXUG. Presidente de FEUGA.

Catedrático de Microbioloxía. Casado, con dous fillos. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No ano 1985 comeza a súa actividade docente no Colexio Universitario da Coruña e no 1988 obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na USC, impartindo docencia nas Facultades de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991 obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC).

Xunto coa súa actividade docente, desenvolveu un labor investigador no campo das microalgas: produción masiva e utilización en acuicultura, resposta fisioloxía á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas, no medio, etc.
Foi investigador principal en 18 proxectos competitivos e contratos de investigación, autonómicos, nacionais e internacionais, participando ademais noutros 12.

É autor de máis de 85 artigos de investigación, 60 deles publicados en revistas internacionais de referencia, 5 libros, 11 capítulos de libros e dirixiu 8 teses de doutoramento.

A súa actividade investigadora foi avaliada positivamente pola CNEAI de maneira ininterrompida desde o ano 1985. Na actualidade ten recoñecidos 5 sexenios de investigación.

No campo da xestión universitaria desempeñou distintas responsabilidades: secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, director do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular na UDC, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (2005-2009). Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC, desde 2012 a 2015.

Tamén realizou actividades de avaliación da calidade universitaria entre as que destacan: presidente da comisión do Programa Docentia da Universidad de Extremadura, vogal e presidente da comisión de avaliación de proxectos de innovación educativa da Universidad de Granada, presidente da Comisión de seguimento e Certificación do Programa Docentia de ANECA e ACAP.

Equipo

María Teresa Aldao Cadierno

Secretaría do reitor

María Carmen Sánchez Parada

Secretaría do reitor

Carlos Escudero Cascón

Adxunto do reitor para tecnoloxías da información e as comunicacións

María Dolores Candedo Gunturiz

Adxunta do reitor para a coordinación e relacións institucionais

Javier Tarrío Saavedra

Responsable da Unidade de Análise e Xestión de Datos