Carlos Aymerich Cano

Secretario xeral

Secretario xeral desde 2016.

Autor de tres monografías e máis de cen artigos sobre materias da súa especialidade. A súa actividade investigadora desenvólvese preferentemente no ámbito do dereito da contratación pública, da organización territorial do Estado, da prevención e loita contra a corrupción e do impacto e control das políticas de austeridade.

Participou como relator en diferentes congresos, xornadas, seminarios e másteres en diversas universidades.

Realizou estadías de investigación nas universidades de Bochum (1994) e Paris-Pantheon (1995). Foi profesor visitante na UNISC (RS, Brasil, 2015).

Foi vogal da Xunta Electoral de Galicia (1997-2000), deputado no Congreso na VII lexislatura (2000-2004) e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2013.

Equipo

José Rodeiro Segade

Secretario

Luz María Puente Aba

Adxunta de Protección de Datos