Academic books

(c) mat-reding-1400114-unsplash

Open Access Academic Books

Amsterdam University Press (AUP):  ten unha longa tradición na publicación de libros en acceso aberto coa quinta parte dos seus libros publicados deste xeito.

Athabasca University Press (AU Press): primeira prensa académica establecida por unha universidade canadiense no século XXI.

Cambridge University Press: lanzou un servizo de publicación de monografías en abril de 2015.

De Gruyter- Open Access Books: editorial académica que ofrece máis de 1.000 títulos de diferentes áreas do coñecemento dispoñibles para ler, descargar e compartir.

DOAB (Directory of Open Access Books): repositorio de libros revisados por pares en acceso aberto.

Hathi Trust Digital library: é un repositorio de preservación dixital e plataforma de acceso as publicacións. Taballa no contido dos dereitos de autor

High Integration of Research Monographs in the European Open Science infrastructure (HIRMEOS): O proxecto está coordinado polo Centre national de la recherche scientifique (CNRS) en colaboración con nove socios de seis países europeos. Busca dar soporte ás ciencias sociais e humanidades para a súa integración no acceso aberto.

Humanities Digital Library: plataforma de acceso aberto para libros académicos. Inclúe monografías en historia, dereito e clásicos.

InTech: editorial de libros en acceso aberto. As materias que abrangue son as ciencias, tecnoloxía, mediciña, ciencias sociais e humanidades.

Knowledge Unlatched: creación dun consorcio bibliotecario para a disponibilidade en aberto dos libros electrónicos.

Luminos: novo programa da University of California Press para a edición de monografías en acceso aberto.

MUP Open Monograph: é unha iniciativa do Manchester University Press

OAPEN: biblioteca en liña e plataforma de publicación; da acceso libre a libros académicos, principalmente na área de humanidades e ciencias sociais.

Open Access books on JSTOR: plataforma que contén máis de 2.000 ebooks de acceso aberto dispoñibles gratuitamente para calquera persoa que os desexe utilizar. Os usuarios non necesitan rexistrarse ou iniciar sesión, e non hai restriccións nin límites de DRM nas descargas ou impresión do capítulo PDF.

OpenEdition Books: plataforma de libros en ciencias sociais e humanidades, dos que máis da metade son de acceso libre.

Open Educational Resource 2017 Textbook List: recompilación realizada por Zachariah Claybaugh e Chelsea Stone de libros académicos en aberto agrupados en diferentes disciplinas.

Open Humanities Press (Books): ofrece libros electrónicos de libre acceso en humanidades. Colabora coa University of Michigan Library (MPublishing), explora novos modos de publicación e revisión por pares e fai uso da tecnoloxía para crear novas formas de monografías, incluíndo a súa serie Living Books About Life.

OpenLibra: biblioteca composta por libros tecnicos baixo licenzas libres listos para descarga directa ou para a súa lectura online.

Open Library: biblioteca en liña; proxecto wiki de Internet Archive, patrocinado parcialmente por unha bolsa da California State Library, co obxetivo de ter “unha páxina web por cada libro publicado”. Actualmente conta con máis 13 millóns de rexistros e un millón de libros electrónicos dispoñibles.

Project Muse. Bases de datos académica de libros e revistas electrónicas de Humanidades e Ciencias Sociais de máis de douscentas imprentas universitarias e sociedades académicas. O proxecto é unha división da Johns Hopkins University Press.

Public Knowledge Project: desenvolveu o proxecto Open Monograph Press (OMP), plataforma con software de código aberto para a xestión do fluxo de traballo editorial inherente ás publicacións académicas e concretamente ás monografías. A finalidade deste programa é alcanzar un impacto na reducción dos costes asociados á publicación de monografías académicas, fomentando a súa incorporación e libre acceso dende a web.

Routledge Books Open Access: libros en acceso aberto de diversas áreas do coñecemento publicados por Routledge, do grupo Taylor & Francis.

SciELO libros: libros académicos seleccionados segundo controis de calidade.

SpringerOpen books: libros académicos en aberto da prestixiosa editorial alemana.

Stockholm University Press: trátase dun editor open access de revistas e libros académicos revisados por pares.

University of California Press E-books Collection, 1982-2004: inclúe aproximadamente 2.000 libros académicos que cubren unha amplia gama de temas.

 

Open Access Academic Books: spanish initiatives

Deusto Open Books (Universidad de Deusto)
Editorial UPV (Universitat Politècnica de València)
Edit.um (Ediciones Universidad de Murcia)
Libros CSIC, edición electrónica: libros electrónicos gratuitos da editorial CSIC
Publicacions de la Universitat Rovira i Virgili

 

Open Access Non-Academic Publishers

Brill Open: importante editorial en acceso aberto na área de humanidades con 220 libros, 12 revistas e dous obras de referencia accesibles.

Open Book Publishers: editorial de referencia na investigación en ciencias sociais e humanidades revisada por pares e de acceso aberto. Producen tamén material suplementario en liña como capítulos extra, revisións, ligazóns, imaxes e outras fontes dixitais.

Palgrave Macmillan: editora tradicional de publicacións na área de humanidades e ciencia sociais. Ofrece aos autores a opción de publicar os seus capítulos e os seus libros en acceso aberto.

SpringerOpen: esta editorial comenzou a publicar en acceso aberto revistas de todas as áreas da ciencia pero desde agosto de 2012 debido ao éxito das revistas SpringerOpen, extenderon a súa oferta tamén a libros en acceso aberto.

Ubiquity Press: editor que publica enteiramente en acceso aberto. A edición é en liña mais existe a opción de edición impresa a demanda. Para cada publicación síguense as citas recibidas.