Plano de Formación en Competencias Dixitais da Biblioteca Universitaria

A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade para a aprendizaxe nos actuais sistemas de ensino universitario e no marco da Europa do coñecemento; son ademais competencias claves para a aprendizaxe permanente e para a participación nunha sociedade cada vez máis dixitalizada.

A Biblioteca da Universidade da Coruña, a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), presenta un plano de formación en competencias dixitais que ten por obxectivo formar aos membros da comunidade universitaria en competencias e habilidades que permitan o acceso e o uso eficiente da información nun entorno dixital.

A formación recolle unha oferta de cursos dirixidos ao alumnado de doutoramento, ao PDI da Universidade e ao persoal contratado para tarefas de investigación (PCTI), aínda que a Biblioteca ten previsto ampliar a oferta formativa deste plan con máis cursos destinados a outros usuarios da UDC. 

Esperamos e desexamos que esta oferta, sexa útil e valiosa para os participantes e que cumpra a función para a que foi deseñada.