Hortas

Convocatoria 2019

SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E CONVOCATORIA DE SORTEO

Faise pública a relación de solicitudes para a Convocatoria 2019 de acceso ao uso das Hortas Comunitarias da Universidade no Campus de Elviña e infórmase de que o sorteo público terá lugar na oficina da OMA (Ed. Xoana Capdevielle) o vindeiro día 25 de febreiro de 2019, ás 11:00 h.

Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas e convocatoria de sorteo hortas 2019

Calquera reclamación a esta listaxe debe facerse mediante correo-e a oma@udc.es antes do 25 de febreiro ás 10 horas. 

Convocatoria 2019 de acceso ao uso das Hortas Comunitarias da Universidade no Campus de Elviña

Plano de asignación das parcelas

Normas de funcionamento

O uso das hortas e a relación entre as persoas usuarias e a Universidade rexerase polas normas en vigor accesibles: Normas de funcionamento das hortas urbanas da UDC

Galería

Acceso á galería de fotos

As hortas urbanas da UDC

As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.

A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. Actualmente cóntase con 28 parcelas de 20 m2 cada unha, e espazos comúns para actuacións complementarias de tipo colectivo.

Os obxectivos do proxecto, enmarcado nos actuais procesos de ambientalización das universidades, son:

  • Facilitar o contacto co medio natural e o solo produtivo como recurso básico para a sustentabilidde, nunha sociedade cada vez máis urbanizada.
  • Fomentar a percepción do solo produtivo como recurso escaso e esencial
  • Conservar e mellorar a biodiversidade e a diversidade paisaxística no ámbito do campus, para o que os sistemas de uso tradicional nesta área son elementos chave.
  • Facilitar a reciclaxe dos restos orgánicos xerados no campus (comedores universitarios, xardinería) pechando o ciclo da materia orgánica e dos nutrientes no ámbito local.
  • Fomentar a percepción do potencial local para a produción de alimentos de calidade.

A horta na cidade (Primavera Ambiental 2013)