Premios aos mellores TFG e TFM da UDC en materia de sustentabilidade

Convocatoria pechada.

CONVOCATORIAS ANTERIORES. Libros de Premios UDC Sustentabilidade

I Convocatoria Premio WE SEA-UDC Sustentabilidade e Economía Circular

No ano 2022 a convocatoria aos mellores TFG e TFM da UDC con contido en sustentabilidade estiveron especialmente orientados á promoción da economía circular, e contaron co financiamento do programa de Responsabilidade Social Corporativa “We Sea” de JEALSA, Conservas Rianxeira S.A.U.

Esta convocatoria recoñeceu aqueles Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado (TFM) defendidos ao longo do ano 2022 que mellor integraron as dimensións da sustentabilidade e da economía circular nos seus proxectos. A resolución fíxose pública o 5 de xuño de 2023, Día Mundial do Medio Ambiente.

Recibíronse 19 solicitudes das que foron admitidas a concurso 13, delas 8 correspondentes a traballos fin de grao e 5 a traballos fin de mestrado. Así mesmo, estiveron representadas 7 titulacións de grao e 5 de mestrado da UDC, procedentes de: Facultade de Ciencias (2 premios), Informática, Ciencias da Educación, Dereito, e Escola Universitaria de Arquitectura técnica.

Foron premiado e premiada: José Francisco Díaz Méndez (Grao en Química), por un traballo sobre a calidade da separación da fracción orgánica de residuos nos centros universitarios e a viabilidade da súa compostaxe, e Laura Méndez Casal (Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria), polo seu traballo de intervención educativa sobre o impacto ambiental na Ría do Burgo con en alumnos de 6º de educación primaria.

Ambos temas son mostra da actualidade e implicación práctica dos traballos de grao e mestrado, nun momento no que Galiza debe facer fronte á obriga da recollida separada da fracción orgánica do lixo, ou se concreta a necesidade de proceder á rexeneración da Río do Burgo.

Os outros traballos premiados versaron sobre a procura de alternativas para a tecnoloxía de refrixeración, o desenvolvemento dun dispositivo persoal de medida da contaminación ambiental, a eficiencia enerxética na fase de deseño dos edificios, e o impacto da nova lexislación ambiental sobre a industria téxtil e da confección.

Os dous primeiros premios recibiron a cantidade de 1.000 euros cada un, achegados polo programa WeSea de Jealsa. Os seis traballos seleccionados foron publicados nunha colección da UDC, e dúas das persoas premiadas tiveron a ocasión de experimentar tres meses de prácticas remuneradas en Jealsa.

I Premio We Sea‒UDC aos mellores traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado en materia de sustentabilidade e economía circular

DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.000025 

Cita bibliográfica: Díaz Méndez, J.F., Gelpi Santos, M., Mariño Boga, P., Méndez Casal, L., Freitas Lea, O., Gómez Díaz, A. (2023). I Premio WE SEA-UDC 2022 a traballos fin de grao e mestrado en sustentabilidade e economía circular.

IV Convocatoria Premios OMA-UDC Sustentabilidade

  • Libro dos 8 traballos publicados:

IV Premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado. Ano 2021

DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.000015

Cita bibliográfica: Méndez Casal, L., Fiaño Salinas, C., Siaba Casais, S., Pérez Fernández, F., Suárez Naveira, S., Ballester Falcón, P., & Asatrya, J. (2022). IV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021.

 

III Convocatoria Premios OMA-UDC Sustentabilidade

  • Libro dos 8 traballos publicados:

III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado. Ano 2020

ISBN: 978-84-9749-829-6.

DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498296 

Cita bibliográfica: Oficina de Medio Ambiente. 2021. III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020, A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións.

Na terceira edición participaron estudantes de 8 centros diferentes e de tres áreas de coñecemento, polo que unha vez máis o peso recaeu nas áreas de enxeñaría/arquitectura e das ciencias experimentais e sociais. Cunha elevada calidade, os traballos achegan estudos e solucións á crise ambiental e á responsabilidade social da UDC, tomando en consideración os tres piares da sustentabilidade, o ambiental, o económico e o social, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel da ONU para o ano 2030 (ODS2030).

Descarga a Presentación da Resolución III Premios UDC Sustentabilidade, cos resumos dos traballos premiados e estatísticas das candidaturas do ano 2020.

II Convocatoria Premios OMA-UDC Sustentabilidade

Á convocatoria presentáronse 27 traballos procedentes de diferentes escolas e facultades da UDC: EUAT, ETSAC, ETSECCP, Ciencias, Informática, Economía e Empresa, Dereito, EUP, EPS, EUDI, Filoloxía e Turismo.

Foi diversa a procedencia dos traballos, aínda que con menor representación das áreas de Ciencias da saúde, Arte e Humanidades. Porén, o reparto estivo equilibrado para as dúas modalidades (TFG ou TFM), de procedencia nos Campus da UDC, e de xénero. Na presente convocatoria a maior parte dos traballos foron presentados en lingua galega, mostrando a sensibilidade do alumnado cara a súa formación e dinamización lingüística.

Descarga a Presentación da Resolución II Premios UDC Sustentabilidade 05/06/2020

A Universidade da Coruña celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa entrega dos Premios Sustentabilidade a traballos de fin de grao e máster

 

Modalidade de Traballos de Fin de Grao

  • 1º Premio
    Yaiza Rodríguez Lueje, co traballo "Aprendizaje-Servicio en la difusión de información científica: el caso de la avispa asiática (Vespa velutina)", do Grao en Bioloxía.

  • 2º Premio
    Marta Lamigueiro Durán, co traballo "Patrimonio forestal sostible en Galicia, o eucalipto", do Grao en Dereito.

  • Accésits
    Itziar Fernández Somme, co traballo "Healthy and plastic-free food supermarket: feasibility and shareholder value creation analysis", do Grao en Administración e Dirección de Empresas.
    Paula Gómez Meijide, co traballo “Oral bioavailability of polycyclic aromatic hydrocarbons in atmospheric particulate matter”, do Grao en Química.


Modalidade de Traballos Fin de Mestrado

  • 1º Premio
    Rosalidia Álvarez Hernández, co traballo “Estudo de sistemas pasivos para evitar problemas respiratorios en interiores de vivenda situados en lugares de clima húmido e ventoso”, do Mestrado Universitario en Edificación Sustentable.

  • 2º Premio
    Luis Antonio Ruíz Sánchez, co traballo “Estudo de viabilidade do aproveitamento hidráulico para a xeración de electricidade no encoro de Pontillón de Castro”, do Mestrado Internacional en Enxeñaría da Auga.

  • Accésits
    Blanca Astray Uceda, co traballo “Procesos de oxidación avanzados para a degradación de β-bloqueantes en augas doces naturais”, do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental.
    Xerardo García Laxe, co traballo “Sistema de xeración distribuída en instalacións portuarias: Porto Exterior de Ferrol”, do Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético.

I Convocatoria Premios OMA-UDC Sustentabilidade