Prof. Isabel Lema Blanco
DESCRICIÓN
O Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática, de 30 créditos de duración, ten o obxectivo de mellorar as competencias mediáticas do alumnado. Introduciranse conceptos teóricos relacionados coa comunicación social, cunha visión crítica sobre o funcionamento dos medios de comunicacións de masas, a democratización dos medios de comunicación e as prácticas comunicativas en medios cidadáns. Desenvolveranse as habilidades comunicativas do alumnado a través de actividades de análise crítica da información e a elaboración práctica de contidos propios no contexto dixital e audiovisual. Traballaranse habilidades básicas de comunicación eficaz tanto escrita como verbal.
PROGRAMA:
Obxectivos da materia
Os principais obxectivos do taller de comunicación social e cidadanía son:
- Fomentar a alfabetización mediática do alumnado a través da través dun exercicio dialéctico de reflexión sobre o rol dos medios de comunicación social, desenvolver capacidade crítica para contrastar información e identificar procesos de desinformación (fake news), aportando fundamentos teóricos e prácticos de comunicación social.
- Desenvolver competencias comunicativas do alumnado a través da análise crítica da información mediática, traballando habilidades xornalísticas básicas para a comunicación social, para transmitir os coñecementos adquiridos en diferentes medios dixitais e audiovisuais (blogue, redes sociais, radio, vídeo, etc).
Descrición dos contidos
Contidos conceptuais:
- Fundamentos da comunicación social.
- Conceptos chave ao redor da comunicación.
- Tipos de comunicación interpersoal e masiva.
- Medios de comunicación de masas. Funcións dos medios de comunicación de masas.
- Tipoloxías de medios de comunicación.
- Xéneros xornalísticos
- A construción da noticia.
- Características dos xéneros xornalísticos: noticia, reportaxe, entrevista, documental.
- Xéneros de opinión.
- A Incidencia dos medios de comunicación na sociedade.
- O papel dos medios de comunicación nos sistema democrático. A teoría do Cuarto Poder.
- Ética e responsabilidade social na práctica comunicativa.
- Liberdade de expresión, dereito de información e dereito de acceso aos medios de comunicación.
- Ética e responsabilidade social na práctica comunicativa.
- Procesos de empoderamiento cidadán. A construción de discursos alternativos e a representación de novas realidades sociais.
- Medios cidadáns e prácticas comunicativas en España, Europa e o contexto global.
- Comunicación social e cidadanía: Movemento de medios comunitarios. Contextualización.
- Concepto, características, historia e evolución dos medios de comunicación comunitario.
- Situación global, europea e estatal en relación ao dereito á comunicación mediatizada.
- O recoñecemento legal dos medios comunitarios. A evolución da lexislación estatal na lexislación española e comparada.
- O rol dos medios comunitarios como ferramentas de cohesión e inclusión social
- A radio como ferramenta de educomunicación: procesos de alfabetización mediática e empoderamiento cidadán.
- Medios de comunicación dixital.
- Medios dixitais: prensa dixital, TV online, radio online, Youtube.
- Ferramentas dixitais para a comunicación: blogues, videoblogues, poscasts.
- Redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram). Utilidade, dereitos e riscos.
- Os dereitos de autor: Creative Commons e outras licenzas abertas.
Contidos procedimentais e desenvolvemento de habilidades:
- Habilidades de comunicación: Desenvolvemento de destrezas para a recepción crítica da información, capacidade de análise e síntese. Elaboración de diferentes contidos escritos a atendendo ás diferentes tipoloxías informativas (noticia, opinión, artigo, reportaxe, entrevista).
- Técnicas de comunicación eficaz: construción do discurso, selección do contido significativo: ideas forza, imaxes simbólicas, palabras crave, Técnicas de comunicación verbal: Exercicios de prácticos de dramatización, locución, improvisación, técnicas de respiración e coidado da voz).
- Desenvolvemento de competencias dixitais para o manexo de ferramentas Web: Blogue, videoblog, redes sociais. Elaboración de contidos audiovisuais e dixitais para a súa difusión a través de Internet.
- Caso práctico. Produción dun programa radiofónico nun medio de comunicación comunitario. A través de exercicios de simulación, os participantes asumirán diferentes roles relacionados coa comunicación social. Realizarase unha actividade de simulacro de "programa de radio" onde o alumnado producirá e interpretará os seus propios contidos.
METODOLOXIA DOCENTE EMPREGADA
Proponse unha metodoloxía activa e participativa que combinará a aprendizaxe de contidos conceptuais relacionados coa teoría da comunicación social co desenvolvemento de habilidades e destrezas de comunicación eficaz. A través de actividades prácticas, fomentarase a reflexión crítica e o debate sobre as prácticas comunicativas e desenvolveranse habilidades de comunicación eficaz e manexo de ferramentas dixitais. De maneira complementaria, propoñeranse charlas e debates con expertos e activistas da comunicación social así como visitas a unha emisora local, achegando unha visión máis ampla do contido do taller.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- Poderanse propoñer conferencias (2) de expertos en comunicación social ou activistas en medios de comunicación comunitaria que acheguen unha visión práctica e ampla do contido do taller.
- Proponse unha visita a un medio de comunicación da cidade da Coruña.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Avaliarase a consecución dos obxectivos específicos do taller a través da avaliación continua da comprensión dos contidos teóricos do taller e o grao de execución das actividades prácticas propostas e as capacidades mediáticas alcanzadas polo alumnado. Desenvolverase unha avaliación de carácter colectivo, co fin de adaptar os contidos do taller ás aspiracións do alumnado e ás características específicas do grupo. Farase seguimento do grao de participación, interese e motivación do alumnado. Ao final da actividade, propoñerase unha actividade de avaliación xeral do taller para que os participantes avalíen a súa propia participación activa no taller, así como dos contidos e as habilidades do docente.
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E MATERIAL DE APOIO
- García-García, J. (2013). Transformaciones en el tercer sector: el caso de las radios comunitarias en España. AdComunica, 5, 111-131. doi: http://dx.doi.org/10.6035/2174-0992.2013.5.8
- Lema-Blanco, I., Rodríguez-Gómez, E. & Barranquero-Carretero, A. (2016). Jóvenes y tercer sector de medios en España: Formación en comunicación y cambio social. Comunicar, 48, 91-99. DOI: http://dx.doi.org/10.3916/C48-2016-09
- Lema-Blanco, I. (2018). El rol de los medios de comunicación comunitarios como herramientas de inclusión social. El caso de la emisora CUAC FM en A Coruña(The role of the community media as intruments for the social inclusion. The case of the CUAC FM radio station in A Coruña). In Xosé Manuel Cid et al (coord.), Educación Social E Escola, Unha análise da última década (2006-2016), (pp.693-708). Ourense (Spain):CEESG/NEG.Enlace: Lema-Blanco(2018).Medios comunitarios_educacion_inclusion_social_PREPRINT
- Kaplún, M. (1983). La comunicación popular ¿alternativa válida? Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación, 7, 40-43. Doi: http://dx.doi.org/10.16921/chasqui.v0i7.1736
- Martínez Hermida, M., Mayugo Majó, C., Tamarit Rodrı́guez. A. (2012). Comunidad y comunicación: prácticas comunicativas y medios comunitarios en Europa y América Latina. En: Cairo, Heriberto; Cabezas, Almudena; Mallo, Tomás; Campo, Esther; Carpio, José (eds.). XV Encuentro de Latinoamericanistas Españoles, Nov 2012, Madrid, Spain. Trama editorial; CEEIB, pp.499-513.
Blog do Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática: MIRADA SÉNIOR