• OFERTA SEMINARIOS 2019-2020
  • ACTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2019-2020 17 DE OUTUBRO DE 2019, 12 HORAS PARANINFO DA REITORÍA
Logotipo Universidade Sénior

A Universidade Sénior é o Programa Universitario de Maiores da Universidade da Coruña, dirixido ás persoas maiores de 50 anos que, concluída a súa vida laboral, demandan un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

As condicións de acceso ao programa son: idade igual ou superior a 50 anos, situación laboral non activa (xubilados, prexubilados, parados e persoas sen actividade laboral remunerada) e coñecementos básicos. Ler máis...

Avisos

Información sobre a Tarxeta de Identificación Universitaria (TIU)


Publicados os calendarios de sesions dos Talleres da Universidade Sénior no campus da Coruña.


Prazos abertos:


Suspensións de clases:

  • Suspendida a sesión da materia "Temas penais na sociedade actual" prevista para o día 18 de outubro. Será recuperada os días 25 de outubro e 8 de novembro con sesións có seguinte horario: 10 a 11:30 horas.
  • Suspendida a sesión da materia "Iniciación á Filosofía" do día 6 de novembro. Será recuperada nas seguintes sesións (13 e 20 de novembro) có seguinte horario: 10:30 a 12:00.
  • Suspendida a sesión da materia "Socioloxía" do día 6 de novembro. Será recuperada nas seguintes sesións (13 e 20 de novembro) có seguinte horario: 10:00 a 11:30).

Materia "Saúde, calidade de vida e benestar" - Campus de Ferrol, cambio de horario entre o 14 de novembro e 23 de xaneiro: xoves de  16.30 a 17.30 horas. Cronograma das sesións:

  • Prof. Carmen de Labra Pinedo. "O castelo dos soños: alcoba da memoria". 14, 21 e 28 de novembro, de 16.30 a 17.30 horas
  • Prof. Isabel Raposo Vidal.  "O sistema en movemento: a roda da función". 5,12 e 19 de decembro, de 16.30 a 17.30 horas
  • Prof. Luis Saleta Canosa. "Vacinas" / "Determinante de saúde. Tabaquismo". 9, 16 e 23 de xaneiro, de 16.30 a 17.30 horas

Taller de Comunicación Social e Capaticación Mediática - Campus da Coruña: Para a sesión do Taller prevista para o día 18 de novembro deberán levar as claves de acceso a dominio (código de activación de servizos da UDC). Se non as teñen ou non as lembran, poderán pasar a solicitalas pola Secretaría da Universidade Sénior, en horario de 9 a 14 horas.

Sede da Coruña

Normal

Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña

Sede de Ferrol

Edificio de Apoio ao Estudo

Campus de Esteiro
15403 Ferrol

Síguenos en...