A Unidade de Emprego da Universidade da Coruña está integrada na vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade e ten presenza física tanto na Coruña como en Ferrol. O seu obxectivo é proporcionar ao estudantado orientación, información e formación para a mellora da súa empregabilidade no acceso ao mundo laboral. As competencias da unidade están relacionadas co impulso institucional nos ámbitos das prácticas externas, do emprendemento e das políticas activas de inserción laboral.A través de programas formativos e de experiencias coas empresas, facilítase o coñecemento e acceso ao mercado laboral, o propio autocoñecemento en relación á elección dos obxectivos profesionais ou as competencias que solicitan as empresas.
Foro Avanza (Xornadas e Feira de Emprego).
Empréga-T.- programa de formación para o emprego e experiencias coas empresas.
Xuventude Mentoring.- programa de orientación laboral, mentoría, formación e networking con empresas (iniciativa da Xunta de Galicia, CIXUG e a colaboración das tres universidades galegas que teñen o rol de centros colaboradores).
Colaboración con iniciativas dos centros en eventos de orientación laboral ou profesional e para o emprendemento (xornadas de orientación profesional, feiras de emprego etc).
Programa de prácticas da Fundación ONCE-CRUE para estudantes con discapacidade recoñecida (33%).
Programa de prácticas Campus Rural.- programa de prácticas en municipios en perigo de despoboamento (iniciativa do Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico-MITERD) no que a UDC está a colaborar dende fai anos.
Programa de complementos de prácticas externas en colaboración co Banco Santander.
Programa de emprendemento Explorer X.- programa de promoción do emprendemento para mocidade universitaria da UDC.
Start-Up
IEBT (Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica).
Síguenos en:
Actualidade