Planos Formativos das Bolsas de Colaboración para Formación Complementaria 2025-2026

Podes consultar os planes formativos correspondentes ás bolsas de colaboración na seguinte ligazón:

Planos Formativos 25-26

Resolución de adxudicación das Bolsas de Colaboración 2025-2026

Aceptación/Renuncia

Coa aceptación da bolsa, a persoa interesada comprométese a cumprir tódalas condicións recollidas nesta convocatoria.

prazo de aceptación/renuncia comezará o día hábil seguinte ao da publicación da resolución da adxudicación da bolsa no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC e rematará as 23:00 horas do día 08/01/2026.

A aceptación/renuncia e a presentación da documentación necesaria, realizarase telemáticamente nos seguintes dous pasos dentro do prazo indicado:

1º paso: Aceptar ou renunciar á bolsa adxudicada utilizando o formulario ao que se accede premendo no botón ao pé desta páxina e adxuntar os seguintes documentos asinados, de xeito dixital, ou manualmente e escaneados:

  1. Impreso de aceptación ou renuncia
    • Se presentas a túa renuncia este é o único documento necesario.
  2. Copia do teu Documento Nacional de Identidade (DNI/NIE) por ambas caras.
  3. Impreso de alta de persoal:

2º paso: Solicitar a alta no sistema contable da UDC a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal) seleccionando nos trámites de xestión económica o de “alta/baixa/modificación terceiros”. Poden acceder directamente desde a ligazón: https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003/start

Neste procedemento, indicarase unha conta bancaria do Banco Santander onde se lle realizarán os pagamentos mensuais. Se non é o titular dunha conta, deberá solicitar antes a súa apertura no Banco Santander.  

Durante o proceso da alta de terceiros, deberá anexar/engadir, en formato PDF, o seu DNI, por ambas caras, e un certificado de titularidade da conta bancaria a dar de alta e da que deberá ser titular.

Se no prazo establecido non se recibise a aceptación da persoa adxudicataria, entenderase que renuncia á bolsa.

Para aclarar calquera dúbida, poden enviar un correo electrónico a bolsas.formacion@udc.gal poñendo no asunto "bolsas colaboración UDC-Santander"

FORMULARIO PARA PRESENTAR A ACEPTACIÓN/RENUNCIA E A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA