Podes consultar os planes formativos correspondentes ás bolsas de colaboración na seguinte ligazón:
Aceptación/Renuncia
Coa aceptación da bolsa, a persoa interesada comprométese a cumprir tódalas condicións recollidas nesta convocatoria.
O prazo de aceptación/renuncia comezará o día hábil seguinte ao da publicación da resolución da adxudicación da bolsa no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC e rematará as 23:00 horas do día 08/01/2026.
A aceptación/renuncia e a presentación da documentación necesaria, realizarase telemáticamente nos seguintes dous pasos dentro do prazo indicado:
1º paso: Aceptar ou renunciar á bolsa adxudicada utilizando o formulario ao que se accede premendo no botón ao pé desta páxina e adxuntar os seguintes documentos asinados, de xeito dixital, ou manualmente e escaneados:
2º paso: Solicitar a alta no sistema contable da UDC a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal) seleccionando nos trámites de xestión económica o de “alta/baixa/modificación terceiros”. Poden acceder directamente desde a ligazón: https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003/start
Neste procedemento, indicarase unha conta bancaria do Banco Santander onde se lle realizarán os pagamentos mensuais. Se non é o titular dunha conta, deberá solicitar antes a súa apertura no Banco Santander.
Durante o proceso da alta de terceiros, deberá anexar/engadir, en formato PDF, o seu DNI, por ambas caras, e un certificado de titularidade da conta bancaria a dar de alta e da que deberá ser titular.
Se no prazo establecido non se recibise a aceptación da persoa adxudicataria, entenderase que renuncia á bolsa.
Para aclarar calquera dúbida, poden enviar un correo electrónico a bolsas.formacion@udc.gal poñendo no asunto "bolsas colaboración UDC-Santander"
FORMULARIO PARA PRESENTAR A ACEPTACIÓN/RENUNCIA E A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA