Podes consultar os planes formativos correspondentes ás bolsas de colaboración na seguinte ligazón:
A Universidade da Coruña e o Banco Santander realizan a seguinte convocatoria:
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 81 bolsas de colaboración que figuran no Anexo I e no Anexo II, co fin de favorecer a formación complementaria do alumnado matriculado nun centro propio da UDC en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, mediante a realización de actividades formativas.
Antes de solicitar as bolsas, debe revisar na convocatoria os requisitos xerais e específicos
FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes deberanse cubrir a través de dúas aplicacións informáticas e na seguinte orde:
1. As solicitudes deberanse cubrir a través da aplicación da UDC, á que se accede dende a ligazón https://bolsas.udc.es
No momento da solicitude deberá cubrir unha Declaración de responsabilidade de que cumpre todos os requisitos establecidos nesta convocatoria.
A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura a un total de 4 bolsas, indistintamente, tanto sexan de departamentos como de centros propios, áreas ou unidades, por orde de preferencia vinculante, nas que cumpran os requisitos establecidos nos Anexos.
No caso de exceder ese número, quedarán anuladas todas as solicitudes presentadas.
No caso de solicitar algunha bolsa na que non se cumpra o requisito específico, se o houbera, o solicitante quedará excluído do conxunto de bolsas solicitadas, debendo corrixir a súa solicitude no período de reclamacións que se indicará na listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas.
Poderá modificarse a solicitude e a prioridade das bolsas antes do fin do prazo de solicitudes.
2. Aplicación do Banco Santander, á que se accede dende a ligazón
http://app.santanderopenacademy.com/program/becas-colaboracion-formacion-complementaria-udc-25-26, e na que deberá incluír o código de referencia que reciba no correo electrónico tras realizar a solicitude na aplicación da UDC. O rexistro nesta aplicación e o código xerado pola aplicación da UDC, son únicos con independencia das bolsas solicitadas no punto 1.
O prazo de solicitude será desde o día 24 de novembro de 2025 ata as 23:00 horas do día 1 de decembro de 2025
Para calquera consulta ou incidencia podes enviar un correo a bolsas.formacion@udc.gal co asunto "Bolsas de Colaboración 25-26".