Estrutura

O Departamento de Letras conta cun equipo directivo, constituído pola dirección e a secretaría, e ten o apoio administrativo do negociado de Filoloxía.

Os ámbitos científicos do departamento conforman seis seccións departamentais: 

  • Estudos Ingleses, coordinada polo prof.  José Miguel Alonso Giráldez.
  • Filoloxía Latina, coordinada polo prof. Fernando González Muñoz.
  • Filoloxía Románica, coordinada pola prof.ª Gema Vallín Blanco.
  • Galego-Portugués, coordinada polo prof. Xosé Manuel Sánchez Rei.
  • Lingua e Literatura Española, coordinada pola prof.ª Rosario Mascato Rey.
  • Lingüística, coordinada polo prof. Celso Álvarez Cáccamo.

Forman parte tamén do departamento tres áreas de coñecemento non integradas en seccións:

  • Filoloxía Alemá, coordinada pola prof.ª Elena Martín Cancela.
  • Filoloxía Francesa, coordinada pola prof.ª María Obdulia Luis Gamallo.
  • Teoría da Literatura e Literatura Comparada, coordinada pola prof.ª Olivia Rodríguez González.