Consello de departamento

O consello de departamento de Letras está integrado pola directora, o secretario, todas as persoas doutoras vinculadas por relación funcionarial, laboral ou bolseira á Universidade da Coruña e todo o profesorado e axudantes sen título de doutor/a e a tempo completo integrados no departamento. Contan con representantes no consello de departamento, o profesorado a tempo parcial e o persoal investigador en formación que colabore na docencia e o profesorado lector; o estudantado do ámbito da docencia do departamento e o persoal de administración e servizos adscrito ao departamento.

O consello ten as seguintes funcións:

a) Elixir o director ou directora e, de ser o caso, revogalo/a.

b) Programar as actividades docentes e investigadoras do departamento, elaborar o seu plan de organización docente e propoñer os programas de doutoramento, de acordo coa Escola Internacional de Doutoramento.

c) Formular as demandas do persoal docente e investigador.

d) Organizar cursos ou estudos de posgrao ou especialización dentro do seu ámbito de competencia.

e) Participar na selección e contratación do persoal docente e investigador.

f) Propoñer nomeamentos de doutores honoris causa.

g) Aprobar a distribución do orzamento anual do departamento e a súa execución.

h) Elaborar o regulamento de réxime interno do departamento.

i) Informar as solicitudes de realización de congresos e xornadas científicas.

j) Calquera outra competencia que lle sexa asignada polas disposicións legais vixentes e os Estatutos.