UDC Saudable da Universidade da Coruña

A UDC Saudable da Universidade da Coruña é un servizo dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. A súa función é a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de vida saudable na comunidade universitaria con proxección social: actividade física e deporte, actividade ocupacional - rutinas cotiás, lecer e tempo libre, alimentación saudable, benestar psico-social, sono e descanso, saúde sexual, accións contra o uso e abuso de alcol, tabaco, drogas e outras adiccións, inclusión saudable das persoas co diversidade, fraxilidade nas persoas (infancia, maiores, enfermidades), orientación pedagóxica, entre outros aspectos; en sintonía colaborativa transversal co desenvolvemento sostible na UDC.

Actualidade

Estudantes como axentes promotores de saúde

Os estudantes UDC promotores de saúde e o persoal bolseiro da UDC Saudable realizan ao longo do curso académico diversas actividades formativas, obradoiros e outras accións.

 

"A Universidade da Coruña está comprometida con contornas de traballo e educativos que promovan a Vida Saudable de toda a nosa comunidade universitaria. Este compromiso reflíctese nas súas políticas institucionais baseadas na sustentabilidade ambiental, social e económica". Reitor UDC.

UDC Saudable-REUS, Declaración do Reitor

Contacto

Sergio Santos del Riego

Director UDC Saudable

Rúa Almirante Lángara, s/n
15011 A Coruña