Investigación

A actividade investigadora do persoal adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación engloba liñas de investigación relevantes no ámbito da Socioloxía e as Ciencias Políticas.

A actividade investigadora do persoal adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación engloba liñas de investigación relevantes no ámbito da Socioloxía e as Ciencias Políticas (capital social e organizacións, demografía e socioloxía urbana, desenvolvemento local, desigualdades e estrutura social, estudos feministas e de xénero, estudos migratorios, estado do benestar e coidados, socioloxía económica e dos mercados, socioloxía da moda, turismo, xestión da crise e dos riscos colectivos) e na Comunicación audiovisual, publicidade e xornalismo (comunicación audiovisual interactiva, estudios de usabilidade, medios de comunicación e dispositivos móbiles, novas audiencias, sector audiovisual, comunicación corporativa, novas formas de comunicación radiofónica).

Boa parte do persoal do Departamento se organiza en grupos de investigación, que reúnen a investigadores/as en torno a unha mesma liña temática ou especialidade, se ben algúns/has integrantes do Departamento desenvolven a súa investigación de forma individual.

A calidade e excelencia investigadora dos/as membros do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación ten sido obxecto de recoñecemento reiterado a través da concesión de proxectos en convocatorias competitivas, axudas á consolidación e estruturación, redes de excelencia investigadora,..., así como da obtención de sexenios de investigación.

O persoal investigador do Departamento está composto por profesorado, pero tamén abrangue un importante número de persoas en formación, que obtiveron contratos predoutorais en convocatorias competitivas (FPU, FPI), e tamén persoal con contratos posdoutorais (Juan de la Cierva, InTalent, Ramón y Cajal).

(c) Licencia Unsplash