Docencia

A docencia adscrita ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación impártese en varias facultades da Universidade da Coruña.

A docencia adscrita ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación  impártese en varias facultades da Universidade da Coruña. A meirande parte concéntrase nos graos de Socioloxía, Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos e nos mestrados das Facultades de Socioloxía e Ciencias da Comunicación. Con todo, a oferta docente completase con aulas noutros centros da UDC como as Facultades de Dereito, Economía e Empresa, Ciencias da Educación, Humanidades e Documentación, Ciencias do Traballo, Filoloxía ou a Escola Universitaria de Deseño Industrial.

As áreas de Socioloxía, Ciencia Política e Administración, Historia do pensamento e os movementos sociais imparten a meirande parte das horas no grao en Socioloxía e nos mestrados en Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos; Políticas sociais e intervención sociocomunitaria e Métodos avanzados de Investigación e innovación no análise social. Pola súa banda, as áreas de Xornalismo  e Comunicación Audiovisual e Publicidade teñen a meirande parte da docencia concentrada nos graos de Comunicación Audiovisual e de Creación Dixital, Animación e Videoxogos, e no mestrado en Produción Xornalística e Audiovisual.

A oferta docente complétase coa impartición noutros centros de materias asignadas ás áreas de Socioloxía, Ciencia Política e Administración, Historia do pensamento e os movementos sociais, nos graos de Xestión Industrial da Moda, Turismo,  Economía, ADE, Ciencias Empresariais, Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Terapia Ocupacional, Humanidades, Relacións Laborais e Recursos Humanos, e Xestión Dixital de Información e Documentación e nos mestrados de Asistencia e Investigación Sanitaria, Estudos Avanzados en Museos, e en Biodiversidade

Pola súa banda, a área de Comunicación Audiovisual e Publicidade tamén está presente noutros centros complementando desde a perspectiva da comunicación os coñecementos impartidos noutros graos e mestrados. Concretamente encárgase da docencia nos graos de Dereito, de Enxeñaría de deseño industrial e desenvolvemento do produto, e Xestión Industrial da Moda e nos mestrados en Produción Xornalística e Audiovisual e Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos.

(c) Free for commercial use. No attribution required