A Universidade da Coruña e o Banco Santander realizan a seguinte convocatoria:
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 79 bolsas de colaboración que figuran nos Anexo I e Anexo II, co fin de favorecer a formación complementaria do alumnado matriculado nun centro propio da UDC en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, mediante a realización de actividades formativas.
Revisa na convocatoria os requisitos xerais e específicos
FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes deberanse cubrir a través de dúas aplicacións informáticas e na seguinte orde:
1. As solicitudes deberanse cubrir a través da aplicación da UDC, á que se accede dende a ligazón https://bolsas.udc.es
No momento da solicitude deberá cubrir unha Declaración de responsabilidade de que cumpre todos os requisitos establecidos nesta convocatoria.
A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura a un total de 6 bolsas, indistintamente, tanto sexan de departamentos como de centros propios, áreas ou unidades, por orde de preferencia vinculante, nas que cumpran os requisitos establecidos nos Anexos.
No caso de exceder ese número, quedarán anuladas todas as solicitudes presentadas.
No caso de solicitar algunha bolsa na que non se cumpra o requisito específico, se o houbera, o solicitante quedará excluído do conxunto de bolsas solicitadas, debendo corrixir a súa solicitude no período de reclamacións que se indicará na listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas.
Poderá modificarse a solicitude e a prioridade das bolsas antes do fin do prazo de solicitudes.
2. Aplicación do Banco Santander, á que se accede dende a ligazón http://app.santanderopenacademy.com/program/becas-colaboracion-formacion-complementaria-udc-24-25, e na que deberá incluír o código de referencia que reciba no correo electrónico tras realizar a solicitude na aplicación da UDC. O rexistro nesta aplicación e o código xerado pola aplicación da UDC, son únicos con independencia das bolsas solicitadas no punto 1.
O prazo de solicitude será desde o día 22 de novembro de 2024 ata as 23:00 horas do día 29 de novembro de 2024
Para calquera consulta ou incidencia podes enviar un correo a bolsas.formacion@udc.gal co asunto "Bolsas de Colaboración 24-25".
A través da seguinte ligazón, poderás consultar a resolución provisional das bolsas de colaboración:
Aceptación/Renuncia
Coa aceptación da bolsa, a persoa interesada comprométese a cumprir tódalas condicións recollidas nesta convocatoria.
O prazo de aceptación/renuncia comezará o día hábil seguinte ao da publicación da resolución da adxudicación da bolsa no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC e rematará as 23:00 horas do día 07/01/2025.
A aceptación/renuncia e a presentación da documentación necesaria, realizarase telemáticamente nos seguintes dous pasos dentro do prazo indicado:
1º paso: Aceptar ou renunciar á bolsa adxudicada utilizando o formulario ao que se accede premendo no botón ao pé desta páxina e adxuntar os seguintes documentos asinados, de xeito dixital, ou manualmente e escaneados:
2º paso: Solicitar a alta no sistema contable da UDC a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal) seleccionando nos trámites de xestión económica o de “alta/baixa/modificación terceiros”. Poden acceder directamente desde a ligazón: https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003/start
Neste procedemento, indicarase unha conta bancaria do Banco Santander onde se lle realizarán os pagamentos mensuais. Se non é o titular dunha conta, deberá solicitar antes a súa apertura no Banco Santander.
Durante o proceso da alta de terceiros, deberá anexar/engadir, en formato PDF, o seu DNI, por ambas caras, e un certificado de titularidade da conta bancaria a dar de alta e da que deberá ser titular.
Se no prazo establecido non se recibise a aceptación da persoa adxudicataria, entenderase que renuncia á bolsa.
Para aclarar calquera dúbida, poden enviar un correo electrónico a bolsas.formacion@udc.gal poñendo no asunto "bolsas colaboración UDC-Santander"
FORMULARIO PARA PRESENTAR A ACEPTACIÓN/RENUNCIA E A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA