Os estudantes de países/institucións estranxeiras poden realizar un período de prácticas de entre 2 e 12 meses nalgún servizo ou unidade da Universidade da Coruña no marco do programa Erasmus +.
Os estudantes deben estar rexistrados nunha institución de educación superior e matriculados en estudios conducentes a un título universitario oficial (Grado, Mestrado ou Doutoramento).
O estudante deberá ser admitido para a realización de prácticas en base a la sinatura dun convenio de prácticas coa UDC que contemple una formación teórica e prácticas, distinta á formación por estudios. O Convenio de Prácticas conterá necesariamente, ao menos:
1. Unha descrición do programa de prácticas, incluído o obxectivo educativo ou os compoñentes das prácticas. As prácticas efectuaranse no mesmo campo académico e mesmo nivel de cualificación que o título de educación superior ou programa de estudios que o estudante esté cursando en orixe.
2. A duración das prácticas
3. As condicións das prácticas y da súa supervisión
4. As horas de prácticas
5. A relación xurídica entre a persoa en prácticas e a UDC.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE
Cubrir o Formulario de Solicitude de Prácticas Erasmus + (para estudantes procedentes de países/institucións incluídos no Programa Erasmus +), e envialo online, preferentemente 2 meses antes do comezo do período de prácticas, e sempre con tempo para a solicitude do visado, se fose necesario.
Na solicitude online o estudante achegará os seguintes documentos:
- Acordo de formación (asinado polo estudante e polo coordinador da institución de orixe), según o modelo seguinte:
- Copia do expediente académico
- Certificado de idiomas (No caso de atención ao público ou requirido expresamente polo tutor das prácticas, requirirase un Certifiado de nivel B1 de español ou galego, excepto para estudantes nativos; ou xustificar un período de estudos de 6 menos mínimo en España)
- Copia do pasaporte ou tarxeta de identidade.
ACEPTACIÓN DAS PRÁCTICAS INTERNACIONALES
- O estudiante recibirá o Acordo de Formación asinado pola ORI da UDC
- A ORI emitirá e enviará a carta de aceptación para que o estudante poida solicitar o visado, se fose necesario
O estudante non percibirá cantidade algunha en diñeiro ou compensación en especie por parte da Universidade da Coruña en concepto de salario, compensación, beca ou retribución de calquera outro tipo a cambio das actividades desenvolvidas durante o período de prácticas.
A Universidade da Coruña comprométese a:
- Asignarlles aos estudantes tarefas e responsabilidades (de acordo ao disposto no Acordo de Formación) adecuadas aos seus coñecemento, capacidades e obxectivos de aprendizaxe, garantindo que dispoñan de equipos e a asistencia adecuados, sempre e cando haxa unha oferta de prácticas dun servizo ou unidade da UDC que sexa adecuada á formación solicitada.
- Enviarlle un certificado de chegada á institución de orixe, se fose necesario.
- Emitir un informe das prácticas firmado polo titor á finalización das prácticas, avaliando o traballo desenvolvido polo estudante, que poderá ser utilizado pola súa institución de orixe a efectos de recoñecemento académico.
- Emitir un certificado de fin de estadía incluíndo as datas de inicio e fin do período de prácticas
O estudante comprométese a:
- Realizar a solicitude de prácticas internacionais na Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade da Coruña seguindo o procedemento de solicitude
- Contratar un seguro médico ou presentar a Tarxeta Sanitaria Europea válidos en España pola totalidade do período de prácticas.
- Presentarse na Oficina de Relaciones Internacionais da UDC antes do comezo das súas prácticas presentando a seguinte documentación:
- Copia do visado, de ser o caso
- Copia do seguro médico / Tarxeta sanitaria europea
- Abonar o seguro do estudante no momento da súa chegada á UDC (do que será debidamente informado na Oficina de Relacións Internacionais)
- Cubrir, antes do fin da súa estadía, o Informe final de experiencia e solicitar na ORI antes da súa partida seu certificado de fin de estadía e Informe final de avaliación para prácticas Erasmus
Para máis información: incoming.rrii@udc.es (Campus Coruña) / riferrol@udc.es (Campus Ferrol)